16 de setembro de 2011

11 de setembro de 2011

Hoxe celebrouse o Campionato Galego de BTT e maila Ruta Rapa das Bestas con inicio e final en Ouzande:::


Durante toda a mañá de hoxe centos de ciclistas percorreron as parroquias da Estrada para celebrar o Campionato Galego de Btt e mailo roteiro cicloturista da Rapa das Bestas. O inicio e final da proba estivo baixo un arco colocado no lugar do Picoto, que os corredores atravesaron para subir polo Gordomonte cara ao Curro e así atravesar os máis de 70 km por pistas de monte da Estrada, o tramo máis duro foi a ascensión ao Monte Cábado (Montillón) logo de acceder á parroquia de Sabucedo deuse volta por outras pistas secundarias do municipio para volver á zona de Ouzande. O encontro incio-fin foi na zona deportiva da Estrda, deuse un paseo polo casco urbano e a saída neutralizada e para a competición situouse no referido punto do Picoto. Máis info en www.bikestrada.com

Rematan as festas do Socorro:::


Hoxe rematan as festas do Socorro logo dunha fin de semana cargada de actividades. A Banda de Música Municipal da Estrada púxolle o punto e final ás mesmas logo dunha concorrida poxa a pesar das inclemencias do tempo metereolóxico. No día de onte celebrouse o triangular de fútbol con victoria para a selección de separados. Pola noite Géminis e Bluestar puxeron o toque musical amenizando a verbena.

10 de setembro de 2011

Arrancan as festas do Socorro:::

Na noite de onte o público foise xuntando no Campo da Festa ante a convocatoria da IV Fervenza de Músicas. Festeiros locais e foráneos fóronse ubicando nas bancadas do polbeiro para vivir unha agradable velada ao tempo que os grupos musicais foron animando paseniñamente a noite. Un gran pantallón instalado pola Fervenza de Ouzande nun estremo do campo serviu de fondo de escenario a uns grupos, outros metéronse no medio dos que comían o polbo. No medio da carpa outros para animar aos bailadores. Esa gran pancarta mostrou imaxes do Xº aniversario da asociación ouzandesa e serviu de aperitivo para a presentación proximamente do documental sobre a entidade que están facendo. O tempo acompañou cunha noite cunha temperatura suave. Durane a mañá os fogóns de moitas casas apuran o xantar. Mentres tanto misa, procesión e sesión vermouth con Bluestar.
Un dos temas de conversación dos festeiros durante a velada de onte e hoxe é o triangular de fútbol mixto que se celebra esta tarde, ás sete no Campo da Festa. A comisión de festas ultima detalles do que será unha das actividades máis agardadas do ano. Segundo Meteogalicia a previsión metereolóxica para a tarde fala de que as chuvias desaparecerán ao tempo que se irán abrindo claros, especialmente na metade leste de Galicia. As temperaturas serán semellantes ás de onte, coas mínimas sen cambios e cun pouco menos de forza nas máximas.
O equipo gañador do II Triangular de Fútbol Mixto de Ouzande ha levar un trofeo, unha das novidades deste ano, agora falta saber as sorpresas que traen ao Campo da Festa de Ouzande as tres seleccións.
Ao remate do partido Géminis e Bluestar darán lugar á verbena, segundo as previsións metereolóxicas prevése unha noite máis fresca que a de onte.
Mañá será o momento de escoitar a Banda de Música Municipal da Estrada e de asistir á poxa coas ofrendas á Virxe do Socorro. Haberá un posto da Fervenza de Ouzande para garantizar o vermouth. Tamén está previsto que sobre as dez menos cuarto da mañá arranque no lugar do Picoto a proba galega de BTT que organiza Bikestrada, convidan aos veciños a achegarse a animar aos aproximadamente 400 ciclistas que farán a RUTA DA RAPA DAS BESTAS.

4 de setembro de 2011

Ouzande "ferve" de actividade esta fin de semana:::

Desde o primeiro de mes veñense sucedendo as actividades relixiosas coa "novena" á Virxe do Socorro. Durante a fin de semana multiplícase a actividade na parroquia. Detallámola a continuación:
VENRES 9 DE SETEMBRO
IV Festival "Fervenza de Músicas" organizado pola Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, o campo estará cuberto cunha gran carpa e haberá postos de polbo e churrasco. Actuarán os seguintes grupos musicais: Retrouso, Gharatuzas (Sangiagho), Os Xeitosos de Trazo, Reviravolta e Faíscas da Pontraga (Este último non aparece nos carteis pero completará as actuación desa noite)

SÁBADO 10 DE SETEMBRO
Durante a mañá haberá distintos actos relixiosos e a sesión vermouth estará amenizada por unha orquestra, BLUESTAR

Ás sete e media da tarde celébrase unha das actividades máis demandadas das festas, o II TRIANGULAR DE FÚTBOL MIXTO SOLTEIROS-AS,CASADOS-AS E SEPARADOS-AS
O fin de festa do sábado será unha vervena amenizada por Bluestar e Géminis.

DOMINGO 11 SETEMBRO
A primeira hora pasará a X RUTA RAPA DAS BESTAS polo Castro e polo Picoto, nunha das xornadas máis importantes das festas de Ouzande, sucederánse os actos relixiosos na honra da Virxe do Socorro durante a mañá para contra o mediodía celebrarse a tradicional poxa das ofrendas ao Socorro. A xornada terá música ao vivo ameninando a festa coa Banda de Música Municipal da Estrada.

Este domingo a X Ruta "RAPA DAS BESTAS" pasará por OUZANDE:::


Trátase da "X Ruta Cicloturista MTB Rapa das Bestas + Campionato de Galicia de BTT MARATON" con saída e chegada na Estrada, pero que pasará pola zona do Castro-Picoto de Ouzande. Pódese consultar toda a información na web da entidade organizadora www.bikestrada.com. Veñen de facer público os horarios concretos en qeu se espera que pasen por cada parroquia. Desde a organización animan a que os veciños se acheguen a estes lugares para ver a proba ao tempo que se anima aos bikers. Estipúlase que haxa sobre 400 inscritos polo que será unha proba espectacular para ser vista. Aínda que é a X edición, trátase da primeira vez que se celebre como CAMPIONATO GALEGO DE BTT e terá corredores de alto nivel.
Entre as 09.50 e as 10.10 está previsto que pasen pola zona do Castro para seguir polo Picoto e así subir cara a Miau e o Monte da Somoza.

Sígueme por correo electrónico:::