ACCESOS: Hai que sair da igrexa de Ouzande (A Estrada), situada a 700 do centro urbano da vila en dirección sur; rúa Pérez Viondi e travesía de Ouzande (sinalizada). A igrexa está a man esquerda.
PUNTO DE PARTIDA / CHEGADA: A citada igrexa, é unha ruta circular, alí hai sitio para estacionar os turismos.
PERCORRIDO: 9 quilómetros, atravesando os diferentes lugares de Ounzande (O Formigueiro, Alemparte, O Redondo, O Picoto, O Castro e O Tallo) polos antigos carreiros e camiños, reparando en diferentes puntos de interese como fontes, lavadoiros e antigas calzadas. Unha parte do roteiro cruzará o monte de Ouzande, con numerosas carballeiras e pequenos bosques de acivros.
Tamén percorreremos un tramo da Ruta da Fervenza e muiños de Ouzande.
DIFICULTADE: baixa
DURACIÓN: 3h
MATERIAL: levar roupa cómoda (chándal, botas de montaña…) e ter en conta a predicción metereolóxica.
SAÍDA: 10:00h
REGRESO: 13:00h
PUNTOS DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
-Igrexia de Ouzande:
É de estilo orixinalmente románico, conserva elementos da época coma os canzorros que son únicos na zona ao representaren pecados condenados pola Igrexa. Tamén destaca o seu arco central, o agnus dei, o retablo barroco do Carme…-Cruceiros:
hai dous que están nas inmediacións da igrexa, un deles é dos máis antigos da zona, foi recollido por Castelao en *As Cruces de Pedra da Galiza .-Muíños da Fervenza:
-Vistas panorámicas:





