chegados de toda Galicia os bares e tabernas da vila con música e cantos populares. Xornada festiva que se completou cunha feira de artesanía, onde os produtos feitos a man foron os protagonistas. Un total de 12 formacións musicais congregáronse contra ao mediodía na Praza do Concello, facendo unha multitudinaria procesión ata a Praza da Farola, lugar escollido para que cada grupo se desviase aos bares propostos, foron rotando cada media hora, favorecendo que a música e os cantos populares chegasen e todos os recantos da vila. Mentres tanto, na Travesía da Igrexa un total de 22 postos de artesanía completaban a feira sabatina con produtos feitos a man, con pedra, téxtil, orfebrería ou madeira como materia prima.
As formacións procedían de localidades próximas como Lestedo (O Ghusto do Boi), Santiago de Compostela (Pana Raiada, Garatuxa e Muiñeiros do Sarela), Vedra (Son do Souto), Caldas de Reis (Fanfarria Furruxa), Marín (Salghariteiros) ou non tan próximas como Redondela (Ferrriña Furtiva) e, como non da Estrada (Retrouso e Recanto de Ouzande, Regatos e Os ke hai de Callobre, Tequexetéldere da vila) Todos eles pararon para xantar na Praza do Mercado e contaron con ata 13 tabernas, bares e cafeterías da Estrada que foron os palcos desta animada xornada festiva a cargo dos Cantos de Taberna.
Amosando publicacións coa etiqueta comunicación b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comunicación b>. Amosar todas as publicacións
26 de marzo de 2017
17 de setembro de 2015
Pesar na Estrada polo peche de Abarcarte:::
A revista mensual liderada por Reyes Cabero xa non sairá máis á rúa. Con esta, A Estrada perde outro medio de comunicación local máis tralo peche de Catrogatos e Oquehai o pasado mes de xuño. A falta de apoio privado a estas iniciativas e as dificultades económicas que sofren polo escaso interese institucional levan ao peche, desta volta, a unha revista que non alcanzaba o ano de vida.
Noticias relacionadas:
1 de xuño de 2015
Pechan "O que hai" e "Catrogatos":::
Malas novas para a comunicación local da Estrada. Nas últimas xornadas iamos coñecendo o peche de dous medios que xa eran referencia na zona da Estrada e comarca. A revista dixital Catrogatos, que levaba catro anos na rede, será desde hoxe unha web para empresas segundo deu a coñecer a súa editora, Aroa Martínez. Atrás queda unha etapa centrada en capturar coa cámara os principais eventos da vida social da contorna. Agora o aloxamento "www.catrogatos.com" pasará a ser un espazo na rede especializado en fotografía, comunicación e mercadotecnia on line.
Por outra banda, o periódico en papel "O que hai" tamén se despide dos seus lectures cun lánguido "Deica" logo de seis meses de andaina. A súa autora, Aitana Martino aclara no editorial que non sabe se se trata dun "ata sempre" ou un "ata logo" e alega razóns económicas e persoais para non seguir adiante neste proxecto no que tanto esforzo ten investido.
Estas dúas baixas na comunicación da Estrada únense á antecesora d´O que hai, Capicúa e á recente baixa da web de opinión local "Chapuzas i Enchufes" que nas últimas datas tamén abandonou o ciberespazo sen darlle publicidade. Pola súa parte Aestradanarede vén de volver a editar logo dun parón por motivos persoais.
![]() |
| Cabeceira d´O que hai. |
![]() |
| Cabeceira do perfil social de Catrogatos |
24 de decembro de 2014
Sae á rúa o novo periódico mensual "O que hai":::
Esta mañá distrubuíase pola Estrada a nova gaceta informativa da Estrada e Cuntis. Co nome "O que hai" sairá de novo á rúa cada último mércores de cada mes. Focaliza a súa atención nas noticias locais dos municipios estradense e cuntiense e tratará de dar información sobre as súas parroquias e xentes. O panorama informativo local enriquécese deste xeito co nacemento nos últimos días desta e doutra publicación en papel (Abarcarte), complementando os medios diarios (Faro de Vigo, La Voz de Galicia e El Correo Gallego) así coma os dixitais Catrogatos e Noticieirogalego. O nacemento desta publicación é ben recibida trala desaparición de Capicúa e Aestradanarede. Desde O Portal de Noticias desexámoslle longa vida.
| Portada de "O que hai" |
| O editorial e primeiras páxinas da nova gaceta local. |
27 de novembro de 2014
Cinco anos atrás da noticia local:::
5. Ouzande botouse a andar (13.10.2013)
4. A Estrada recibe a primavera con "Cantos de Taberna" (22.03.2014)
3. Pesar polo falecemento de Don Olimpio (25.11.2014)
2. Ponte da Constitución pasada por auga en Ouzande (09.12.2009)
1. Callobre despide a Santa Margarida ao ritmo da Funçao Pública (21.07.14)
O Portal de Noticias serviu neste tempo para conectar lectores de todo o mundo, é curioso que unha parte importantes de lectores proceda do estranxeiro, por orde estes serían os países que máis o len: USA, Rusia, Portugal, Alemaña, Brasil, Francia, Ucraína, Reino Unido, Países Baixos, Polonia e Andorra.
Este medio é un blog editado por Manuel de Topete, unha iniciativa privada, particular e altruísta que non conta con ningún tipo de ingresos nin públicos nin privados e que procura ofrecer información mediada de canto acontece no entorno máis próximo.
![]() |
| Primeira noticia publicada polo Portal de Noticias en 2009 |
![]() |
| Imaxe actual do Portal |
18 de setembro de 2014
A Fervenza presenta a programación de outono:::
![]() |
| Cartel das actividades do outono |
A Fervenza de Ouzande vén de facer pública a súa campaña de actividades para este outono, traballos manuais, charlas, lecer, saúde ou música conforman este anuncio, polo momento convocan a todos os interesados a unha xuntanza para explicar como van ser as clases de música tradicional, a convocatoria é para este mesmo sábado día 20 de setembro ás 16.30h no local social ouzandés. Nesa reunión falarán das clases de gaita, tamboril, pandeireta, baile, acordeón e canto tradicional. Ademais explicarán os horarios e os prezos das distintas disciplinas, xa adiantan que os sábados pola mañá se impartirán as clases de acordeón, gaita e tamboril, mentres que os sábados pola tarde serán os de pandeireta e baile tradicional. O grupo de canto tradicional será os sábados pola noite, quedando a hora exacta pendente de aprobar. Quen se queira anotar pode facelo na propia reunión, no correo electrónico da asociacion (carreirosouzande@gmail.com) ou contactando con Casa Porto (a Taberna de Ouzande 986570285) A matrícula nas distintas disciplinas superou o curso pasado os 60 alumnos e alumnas. Desde A Fervenza animan a asistir á reunión con instrumentos para "inaugurar" o curso 2014-2015 coa interpretación dalgunha peza tradicional, os asistentes están convidados a uns pinchos a modo de merenda.
![]() |
| Cartel anunciador das clases de música tradicional. |
Etiquetas:
actividades,
comunicación,
cultura,
música,
sociedade
11 de xuño de 2014
O rural está de moda:::
Xa están á venda na taberna de Ouzande as camisolas deseñadas por Rosa de Cabanas e coas que A Fervenza de Ouzande nos anima a vestir á moda. Trátase dun motivo tomado do Entroido deste ano, cando a parroquia se disfrazou de "Ouzande Faxion Week" Unha semana da moda que non podía quedar nunha mera celebración de Entroido, motivo polo que a asociación cultural ouzandesa tomou como motivo das súas camisolas a bata de cruzar e a pañoleta características daquela festa. As camisolas son azul mariño e teñen un estampado que reproduce o que ben podería considerarse unha revisitación do traxe de cotío; botas de goma, bata de cruzar, guantes de fregar e pañoleta. A lenda está en amarelo e branco, di "rural faxion, Ouzande 2014". A orixinalidade deste deseño fai que as unidades en venda, que son limitadas, voen. Desde o sábado pasado xa se poden mercar en "Casa Porto", a Taberna de Ouzande ,e xa está espertando moito interese non só na parroquia senón que comezaron a chegar peticións. 22 de maio de 2014
"Te Pillé" chega ao Festival Internacional Jove de València:::
Te Pillé foi escollida como cinta finalista no Festival Internacional Jove de València. Esta película escrita e dirixida por Abel Carbajal foi presentada o 23 de novembro de 2012 no Teatro Principal da Estrada. Trátase de 18 minutos de película policiaca regada con doses de bo humor e orixinalidade. Xoque Carbajal encarna ao protagonista, un estafador dado á bebida e perseguido pola policía. A riqueza de planos e mailas dóces melodías enriquecen a cinta, as localizacións son lugares moi familiares, como a Praza da Farola ou a Avenida de Ponteareas. Tamén participan como actores ou figurantes veciños da zona como Paco de Camba ou Darío Barros.
| Presentación da película na Estrada. |
| Secuencia do filme |
6 de marzo de 2014
24 de febreiro de 2014
A "OUZANDE FAXION WEEK" CHEGA Á RADIO GALEGA:::
A Radio Galega falou onte pola mañá da Ouzande Faxion Week no programa de actualidade e entrevistas Somos Quen. Sobre as 11.30 da mañá contactaban con Xabier Camba, presidente da Fervenza de Ouzande quen explicou polo miúdo todos os detalles do Entroido ouzandés que congregará este sábado á tarde a famosos, modelos, fashion victims, prensa e público nunha das citas máis orixinais do Entroido.31 de decembro de 2013
17 de xuño de 2013
Fin de semana gloriosa para Pedegree:::
Esta fin de semana pasada, Pedegree colleitou dous novos premios no III Certame Audiovisual Escolar IES Monte Carrasco de Cangas do Morrazo. En concreto déronlle o primeiro premio a "Mellor Audiovisual de Ficción" na sección da etapa en que concursaba, bacharelato e o "Premio Extraordinario do Público". Á entrega acudiu Miguel Carbajal como director do proxecto e autor do mesmo, os alumnos Nerea Álvarez, Sara Valcárcel e Abel Carbajal así como o profesor de artes plásticas Xoán Xosé Pérez.
Pero a peregrinaxe de Pedegree non queda aí porque a vindeira fin de semana viaxan a Valencia para participar no certame internacional "Cinema Jove de València"
Pedegree é un proxecto do obradoiro de "Creación Artística" do IES Manuel García Barros e nel participan e colaboran, entre outros, Miguel e Abel Carbajal, Rosa Herraiz ou Manuel Pereira.
29 de maio de 2013
"Pedegree" obtén o terceiro premio en "Filmar para Cambiar":::
A curtametraxe "Pedegree" xa vai colleitando os seus premios, desta volta conseguiu o terceiro premio na primeira edición do concurso "Filmar para cambiar" organizado por Verdegaia, A Xuntanza e Amarante. No festival de Cine de Ourense xa gañara o segundo premio e tamén está proposto en máis certames, como o "Acción Magistral" ou o Festival de Cine Jove de Valencia.
A Aula de Creación artística do IES Manuel García Barros é a produtora desta curta, os profesores Carlos Loureiro, Xoán Xosé Pérez e Miguel Carbajal acudiron a recoller o diploma canda a Abel e Laura Carbajal.
![]() |
| Carlos Loureiro, Abel Carbajal, Xoán Xosé Pérez, Miguel Carbajal e Laura Abalde no acto de entrega |
![]() |
| diploma acreditativo do premio |
15 de maio de 2013
"Pedegree" concursará en "Filmar para cambiar" e "Cinema Jove de València":::
A curtametraxe "PEDEGREE" foi preseleccionada para participar nestes dous concursos logo de levar o segundo premio no Festival de Cinema de Ourense, tamén foi finalista aos Premios da Acción Maxistral, polo que o día 22 deste mes ha ser proxectado no marco de Filmar para Cambiar e contra finais de xuño no encontro audiovisual Cinema Jove de València, un certame de novos artistas do audiovisual que xa vai pola edición 28 e que se celebra anualmente en Valencia.
Pedegree é un proxecto benéfico do IES Manuel García Barros no que colaboran persoeiros da literatura e do deseño e que aportará fondos para a Cruz Vermella.
10 de marzo de 2013
Entrevista musical a Miguel Carbajal:::
Reproducimos unha entrevista realizada por Sara Valcárcel a Miguel Carbajal, veciño de Ouzande e profesor de Música no IES Manuel García Barros. Achéganos unha serie de reflexións sobre o mundo da educación e da música.
8 de marzo de 2013
O local social convírtese no escenario dunha película de terror:::

O local social de Ouzande vén de convertirse nun plató cinematográfico da man de Abel Carbajal. O novo cineasta rodou a curtametraxe "Cirujano" en distintas localizacións da Estrada, correspondéndose a de Ouzande á parte máis impresionante da cinta. O trailer foi estreado o pasado 2 de febreiro no Teatro Principal da Estrada ás 20.30h. Na película participan diversos actores coñecidos na comarca e algún veciño da parroquia: Gonzalo Valcárcel, Paula Aboy e Martín Riveira (Martín do Cereiro). Esta é xa a segunda cinta que presenta Abel Carbaljal, logo do éxito colleitado tralo filme TE PILLÉ que foi presentado no Teatro Principal da Estrada e que contou coa participación de distintos veciños de Ouzande.22 de febreiro de 2013
Un vídeo deixa os atractivos turísticos de Ouzande ao descuberto:::
![]() |
| Igrexa de Ouzande |
O Concello da Estrada vén de facer a presentación dun video promocional do turismo municipal, ten unha duración de 4, 35 minutos e nel saen lugares e actividades relacionadas coa parroquia. O máis destacado é a igrexa románica que aparece en varias ocasión e da que se destacan tanto os canzorros que hai na ábsida e que representan distintas figuras humanas, cabezas de animais e ornamentacións xeométricas coma a fachada ou o fermoso e coidado adro. Tamén se fai mención aos sendeiros que nos permiten acceder ao conxunto patrimonial dos Muíños da Fervenza. Outras referencias é ás actividades que se poden realizar por chan ouzandés, especialmente a práctica do sendeirismo e mais a emerxente práctica de BTT (Bicicleta Todo Terreo) para a que A Estrada é un paraíso e un dos roteiros (o da Rapa das Bestas) comeza e remata nos montes de Ouzande. Retrouso tamén aparece este video promocional ao constituír a música galega un reclamo para a xente que nos visita, especialmente de fóra de Galicia.
![]() |
| Retrouso |
Moitas das campañas turísticas que se teñen feito da zona destacan principalmente a Rapa das Bestas e mais o Pazo de Oca como estandartes do turismo local, pero desta volta compleméntase cos múltiples recursos que ten a zona: patrimonio, gastronomía, natureza, pesca, entroidos, árbores singulares, tradicións ancestrais, artesanía, feiras,
18 de febreiro de 2013
Natalia Carbajal, entrevistada no periódico "Capicúa":::
Na edición desta quincena, o periódico impreso local "Capicúa" publica unha entrevista a Natalia Carbajal, veciña de Ouzande especialista en musicoterapia. Natalia é profesora de música desde hai anos e nesta entrevista explica en que consisten as terapias que utilizan a música como recurso para tratar desde estados de ánimo ata trastornos da aprendizaxe.
30 de decembro de 2012
O "Filmou" de Ouzande arrancou con éxito:::
Ouzande estreou
hoxe "Filmou", un festival de películas para repasar a vida ouzandesa
nos últimos doce meses. A Fervenza de Ouzande, organizadora do evento, dispuxo
o local social como se dunha sala de cinema se tratase. Mesmo se estendeu unha alfombra
vermella para acoller ao numeroso público que quixo pasar unha tarde de
cine en familia. Non faltaron os flocos de millo nin os refrescos. Como se se
tratase dunha das grandes citas do audiovisual internacional, Filmou foi
presentando doce películas que fixeron a delicia do público e que serviu para
repasar o máis destacado da vida parroquial en 2012.
Ao remate das proxeccións entregáronse globos de prata para os distintos filmes, foron recollidos por persoas participantes nas actividades ás que se facía referencia. Os premios e mailos galardoados foron os seguintes:
Mellor fotografía: Eficacia
Dixital, polas fotos de todo un ano.
Mellor canción: Na Beira do Mar, pola canció homónima
Mellor actriz de reparto: Cinza por Brave Arcos Mountain
Mellor actriz protagonista: Elsa de Xestoso por Gin Kiber, 50 anos despois
Mellor guión adaptado:
Fachicos de Lume, pola recreación dos III Xogos Oulímpicos
Mellor película de animación: Unha noite non é nada
Mellor
coreografía: A Lot of Pipers
Mellor filme deportivo:
O Penalti máis longo do mundo pola recreación do Triangular de Fútbol
Mellor
vestiario: Go On in Ouzande
Mellor actor principal: Uxío Allo por A Noiva e o Navio, a
película
Mellor Banda Sonora Orixinal: Cancións interpretadas en Os
Dóces do Coro
Mellores localizacións: Montes de Ouzande por Un Conto de
Nadal
| O público encheu as butacas do local |
| Uxío Allo foi un dos premiados |
| O público seguiu con atención os 12 filmes desta primeira edición |
28 de decembro de 2012
Publícase unha noticia falsa a modo de inocentada:::
Neste mesmo blog e durante 24h estivo colgada unha noticia falsa que circulou polas redes sociais como verdadeira. Para facer esta broma mediática escolleuse un tema que impactase aos lectores e déronse datos recoñecibles polos mesmos: que en Ouzande se ía construír un hipermercado. Adxuntouse unha fotografía e datos concretos da súa ubicación, ao final da mesma explicábase que era unha inocentada. Como hai xente que se queda nos titulares, esta enlazouse polas redes sociais e -máis dun- caeu na trampa.
Tal foi así que foron centenares as visitas a esta páxina durante todo o día, a pesar de ser este un medio moi reducido en canto ao nivel de alcance.
Desde o PORTAL DE OUZANDE esperamos que fose unha broma levadeira e que servise para celebrar cun sorriso o "Día dos Santos Inocentes"
| Recorte da noticia publicada onte e que xa foi dada de baixa |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)































