O pasado mércores 25 de decembro, día de Nadal, A Fervenza de Ouzande foi fiel á súa cita cos montes de Ouzande e A Somoza, dándolle vida aos inundados camiños destas dúas parroquias estradenses. A marcha arrancou ás 10.15h diante da igrexa románica desta parroquia e desde onde partiu o paseo de 9km polos lugares máis salientables destas dúas freguesías da Estrada. As distintas "dificultades" que se foron encontrando os sendeiristas por causa das intensas chuvias dos últimos meses fixeron máis interesante a camiñada pois implicou agudizar o enxeño para poder atravesar ante árbores caídas ou camiños anegados. O público deleitouse coas fermosas carballeiras en inverno, cos Muíños da Fervenza de Ouzande ou co Rego das Rans, lugar enigmático onde nace o regueiro de Ouzande. A Fervenza ouzandesa bifurcada a causa do grande caudal tamén se fixo foco das cámaras de fotos pola fermosura non só da natureza, senón polo día de sol e de temperaturas case primaverais. Durante o percorrido, socios desta asociación, foron guiando aos visitantes pola historia do propio monte ou da recuperación que A Fervenza tén feito do entorno dos muíños así coma dos seus accesos, recordando que todos os veráns e de xeito altruísta, un grupo de socios se reúne con fouciños e desbrozadoras para limpar este paraíso cercano.
Amosando publicacións coa etiqueta deporte b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta deporte b>. Amosar todas as publicacións
26 de decembro de 2019
17 de maio de 2019
Ouzande celebra o día das letras cunha nova ruta de sendeirismo:::
Amantes da lingua...e da natureza. Un grupo de 20 persoas respondeu un ano máis ao convite da Fervenza de Ouzande para participar nun roteiro no Día das Letras, xuntáronse ás 9.30h na igrexa de Ouzande e percorreron 12km dos montes de Ouzande e A Somoza para chegar ao Castrorramiro descubrindo patrimonio e natureza, sorpendeu a aldea de Castrorramiro coa súa eira de hórreos pois algúns sendeiristas non a coñecían. Ao regreso houbo libros de agasallo para marchar para a casa cunha boa lectura en lingua galega e así celebrar o orgullo de manter unha lingua viva, de noso.
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
cultura,
deporte,
Ouzande
25 de decembro de 2018
Ouzande celebra o Nadal a golpe de camiñada:::
Foi no 25 de decembro que A Fervenza de Ouzande volveu saír de ruta de sendeirismo polos camiños e carreiros da parroquia para baixar os efectos dos polvoróns e turróns. Esta cita xa é un clásico no Nadal estradense e cada vez convence a máis adeptos. Desta volta máis de 20 persoas concentráronse ás 10.15 na igrexa ouzandesa para emprender unha camiñata por algúns dos lugares máis senlleiros da zona, visitando entre outros os muíños da fervenza, coas explicacións do presidente da asociación, Xabier Camba. Quen non quixo faltar á cita coas botas de montaña foi o bo tempo, temperaturas agradables para esta época do ano e sol a fartar. Ao regreso, aló polas 13.15h os sendeiristas volveron para as casas con enerxías renovadas.
![]() |
| Camba explicando as características da ruta. |
![]() |
| Momentos de cooperación para atravesar o regato de Ouzande. |
![]() |
| Descendendo o monte de Ouzande ata a Fervenza. |
![]() |
| As recentes chuvias deixaron unha fervenza ben fermosa. |
![]() |
| Foto de grupo ao final da ruta, no Muíño do Rubio. |
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
deporte,
Ouzande
12 de maio de 2018
Sendeirismo en Codeseda para darlle a benvida á primavera:::
Co aumento de horas de luz e o renacer da natureza, a Fervenza de Ouzande organizou para o pasado domingo día 6 de maio un roteiro circular pola parroquia de Codeseda. Comezou na Carballeira da Sagrada ás 09.45h e desenvolveuse durante toda a mañá ata ás 13.30h, momento no que os sendiristas chegaban de novo ao punto de inicio. A ruta desenvolveuse por 10 quilómetros, sempre co son da auga de fondo; primeiro do Regato de Fontefría e logo o Río Umia. Ao nutrido grupo de participantes impresionoulles a arquitectura da parroquia, con numerosas construcións en pedra, dende casas ata lavadeiros, muíños, pontillóns ou fontes, especialmente nos lugares de Fontenlo e Marcenlos. No medio da ruta fixeron unha paradiña para o avituallamento, aproveitando as mesas e bancos da área recreativa do Refuxio.
O roteiro consitúe os primeiros km do reto Codeseda-Sabucedo, pero cun percorrido circular e máis adecuado para todas as persoas ao poder realizarse nunha mañá. As rutas de primavera continúan, desta volta o 17 de maio entre as parroquias de Ouzande e a Somoza, co mesmo horario e coa misión de coroar o alto da Pedralba, ao regreso os asistentes serán obsequiados cun libro en lingua galega para festexar o día das Letras.
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
Codeseda,
deporte,
Ouzande
3 de maio de 2018
CODESEDA acolle a primeira ruta de primavera da Fervenza de Ouzande, este domingo 6 pola mañá:::
A parroquia de Codeseda acolle este domingo 6 de maio ás 09.45h unha nova andaina da Fervenza de Ouzande, será un roteiro aberto a todo o público e gratuíto, de 11km e dificultade baixa que dará a coñecer algúns dos atractivos da parroquia estradense. O punto de partida é a Carballeira da Sagrada, lugar no que tamén rematará o sendeiro ás 13.30h aproximadamente. Esta actividade encádrase dentro do programa de actividades de primavera e terá continuidade no día das Letras cun roteiro desde Ouzande ata o alto da Penalba, na Somoza.
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
Codeseda,
deporte
30 de outubro de 2017
Baixo o sol do outono:::
Unhas corenta persoas veñen de participar o pasado domingo dunha solleira ruta do outono na parroquia de Ouzande. Os visitantes, convocados pola Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, déronse cita ás 10 da mañá diante da igrexa románica para visitar algúns dos puntos máis turísticos de Ouzande, A Somoza e Ferreiros, xa en Arcos de Furcos no veciño municipio de Cuntis. Entre outros, visitaron os exteriores da igrexa románica, os lugares de Alemparte e O Formigueiro para adentrarse nos montes de Ouzande e maila Somoza ou a aldea de Ferreiros. No regreso pasaron polo entorno da Fervenza para coñecer de primeira man o Pozo da Fervenza así como os muíños coas súas canles centenarias ou o rico entorno natural poboado de acivros e carballos. Ás 13.30h os camiñantes regresaban ao centro da parroquia coa satisfación de teren gozado dunha intensa mañá de outono pola parroquia ouzandesa.
As actividades culturais continuarán o vindeiro sábado cunha festa de outono no entorno do Campo da Festa de Ouzande. Contarán con diversas formacións musicais, así como con produtos de tempada.
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
cultura,
deporte
21 de decembro de 2016
Ruta de sendeirismo para celebrar o nadal:::
Será o próximo domingo día 25 de decembro con saída ás 10.15h diante da igrexa de Ouzande. O regreso está previsto para as 13.15h no mesmo lugar. Trátase dunha actividade promovida pola Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande dentro do marco das actividades culturais de promoción cultural e social na aldea. Esta será a sétima edición deste roteiro de nadal e percorrerá desta volta os Montes da parroquia, incluíndo as Lagoas e o Monte da Somoza. Ten unha duración aproximada de 12 km de dificultade baixa. Será unha boa oportunidade para coñecer as estremas entre os Concellos da Estrada e Cuntis á altura das lagoas de Zoo, un lugar que se transforma durante o inverno ofrecendo unha paisaxe espectacular e a posibilidade de visitar ecosistemas únicos na contorna. No transcurso da ruta temén visitarán a zona da explotación de Monte Cabalar, nas ladeiras do Monte da Somoza.
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
cultura,
deporte
18 de agosto de 2016
Ouzande mostra o auténtico espírito olímpico:::
Non foi en Río de Janeiro nin houbo perdedores, as OUlimpiadas celebráronse o pasado domingo 13 en Ouzande e todo o mundo saíu gañando. Así é o espírito oulímpico, os máis de 30 rapaces e rapazas que participaron nesta orixinal actividade demostraronlle aos adultos os valores do esforzo, da constancia, do compañeirismo e da superación. Algún non levantaba máis dun metro do chan pero todos foron capaces de cumprir os obxectivos, convertíndose en auténticos medallistas oulímpicos.
Ás 18.30h comezaron coas inscricións e os preparativos. A organización, chamada COU (comité oulímpico) estableceu para as 19h o acto de inauguración; as delegacións das cinco cores oulímpicas encheron o campo da festa de Ouzande, foron atrás do fachico oulímpico ata o seu espectacular encendido e ante a atenta mirada de pais, nais, veciños e festeiros. A continuación as distintas probas, cada equipo tiña 15 minutos que o COU ía marcando para facer os xogos: unha xincana cunha carreta, outra saltando unha pista con pavóns do millo, outra na que había que encestar un balón nunha canasta pero cos ollos vendados, outra proba consistía en transportar auga usando só a boca, mesmo había carreiras de biciclestas nas que había que chegar o último... mesmo houbo unha proba de levantar torres de carozos... moita actividade que os máis de 30 participantes superaron con moito ánimo e dedicación. Ao remate había unha sorpresa, mentres que os moitos xuíces que controlaban as probas foron deliberar, cada equipo tivo un momento libre para xogar ao Pikachocú, unha caza de pokemons sen móbiles, correndo ata a igrexa e procurando o pokemon da cor de cada equipo. Ao regreso un gran podium, posto que todos os equipos levaron algún premio: compañeirismo, superación, simpatía... foron loureados con coroas de oliveira e fíxoselle entrega dunha enorme medalla de chocolate a cadaquen e unha pegatina de recordo das IV Oulimpiadas, o acto de clausura rematou cunha fermosa foto de grupo que quedará como recordo do auténtico espírito oulímpico, o de Ouzande.
![]() |
| Foto do acto de clausura |
![]() |
| foto do encendido do fachico oulímpico |
![]() |
| 100 metros pavón |
![]() |
| xincarreta e biciclentas |
![]() |
| 100m pavón |
![]() |
| xincarreta |
![]() |
| cazando pokemon |
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
cultura,
deporte,
Ouzande
24 de abril de 2016
Mañá reabre a piscina climatizada da Estrada:::
Logo dun peche temporal para realizar tarefas de mantemento, a piscina da AGASP volve abrir no seu horario normal (a partir das 10.30h) para goce dos usuarios. Faino con melloras de calidade das propias instalacións, tanto no vaso da piscina coma nas distintas dependencias. Na área de ximnasio fíxose unha posta a punto das máquinas que se suma á compra de dúas bicicletas e unha cinta nos últimos meses así como á eliminación dos problemas de humidade que presentaba esta sala de máquinas.
Antes de xuño remata o período da concesión temporal de Auga Va, a actual administradora, en caso de que continuasen, tamén continuarían as obras de mellora das instalacións, sendo a súa primeira prioridade a ampliación completa do ximnasio coa renovación do equipamento.
22 de decembro de 2015
Celebrar o Nadal dun xeito moi especial::::
Camiñar e falar, esa é a proposta para a celebración do Nadal da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, a cita é o próximo venres 25 de decembro,e é xa a sexta edición desta actividade.Na mesma propóñennos facer Roteiro dos Montes da Somoza e Ferreiros. Para participar chega con estar á hora marcada no punto de saída, posto que é gratuíta e non precisa preinscrición. A hora marcada para a saída é ás 10:15, diante da igrexa de Ouzande, mentres que a chegada está prevista sobre as 13:15 ao mesmo sitio. Serán uns 11 km polo que aínda sendo de dificultade baixa-media, recomendan levar calzado axeitado e roupa adecuada.
Segundo informa a Fervenza de Ouzande, só suspenderán a actividade en caso de condicións moi adversas e condan a participar a todo o mundo, facendo gala dos lugares fermosos do noso entorno que se han visitar: Aldea de Ferreiros, Congostra dos lobos, antigas sendas, Fervenza e muíños de Ouzande, masas de bosque autóctono con abundantes carballeiras, castiñeiros, acivros, e vexetación de ribeira,
Video do PORTAL DE NOTICIAS sobre a IV ruta celebrada en 2013:
NOTICIAS RELACIONADAS:
Etiquetas:
A Somoza,
actividades,
cultura,
deporte,
Ouzande
30 de xullo de 2015
A piscina climatizada presenta a programación de outono:::
Auga V.A. é a nova concesionaria temporal da Piscina Climatizada da AGASP. Dende hai unhas semanas restableceuse o servizo logo dun parón por problemas administrativos. Esta nova concesionaria está a adeucar os espazos da instalación e pretende recuperar a actividade que se perdera en decembro de 2013, favorecendo a práctica de exercico físico e vida saudable na Estrada.
Logo de presentar as tarifas que continuarán sendo asequibles, presentan unha serie de actividades para a tempada desde outubro ata decembro. Para favorecer a comunicación habilitaron un número de teléfono (635 52 03 33) así coma unha páxina de facebook que en cuestión de días xa ten máis de 400 simpatizantes. As distintas modalidades de exercicio diríxense a todos os públicos e comprenden a área acuática con cursos de iniciciación e perfeccionamento á natación, ximnasia acuática, natación sincronizada, natación terapéutica ou fitness acuático. Tamén abranguen a zona de ximnasio con actividades de fitness en sala, karate, judo ou pilates. Todas estas posibilidades compleméntanse con outros servizos que ofrecen as instalacións e que van desde a sauna seca ata solarium ou raios uva. Tamén están abertos a convenios con asociacións ou institucións que queiran desenvolver alí as súas actividades grupais.
8 de xuño de 2015
Guimarei descobre os seus encantos:::
| Torre de Guimarei |
A Torre de Guimarei son de titularidade privada e están en ruína, a primeira é do século XII e o pazo do XVII, destaca pola monumentalidade da súa pedra. O Pazo da Algalia tamén se atopa en situación de abandono e só se puido entrever no medio da maleza. A igrexa de Guimarei é de estilo barroco e destaca pola fachada e torre monumentais así como polas escaleiras inmortalizadas polo propio Castelao na súa obra gráfica. O Pazo de Xerlís é o único que se rehabilitou en 2012, trátase dun pazo do século XVII, vivenda residencial dunha familia de escribáns beneficiados polas rendas de foros propiciados pola Igrexa naquela época. Na súa fachada destaca o brasón familiar. Actualmente destinase á hostelería, sendo escenario de banquetes e grandes eventos. Ao lado desta construción centenaria parte unha das presas de rega da parroquia.
Con esta andaina, péchanse as saídas de primavera, pero as rutas da Fervenza de Ouzande continuarán no outrono-inverno, tal e como indicaron na propia actividade.
| Cruzando Alemparte. |
| Cruzando auténticos escenarios de película |
| A andaina percorreu 13km |
| Pazo de Guimarei |
| Pazo da Algalia |
| Igrexa de Guimarei e Pedralba |
| Pazo de Xerlís, hoxe destinado á hostelería. |
| Visitantes que se cruzan nos camiños |
Etiquetas:
A Estrada,
A Somoza,
actividades,
cultura,
deporte,
excursións,
Guimarei,
Ouzande,
sociedade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































