Nos últimos días, a comarca da Estrada, está a rendirse ao encanto da estación na que anda instalada. O pasado sábado tocoulle á parroquia de Ouzande que organizou unha gran festa para recibir o outono como se merece. Contaron coa colaboración das Carabuñeiras de Santo André de Vea e de Recanto e Retrouso no apartado musical e coa dos socios que confecionaron distintos dóces con ingredientes de tempada. Houbo chourizos asados e castañas así coma un bar para apagar as sedes. A festa comezou ás 20.30h pero prolongouse ata altas horas da madrugada. Foi unha noite con moita asistencia de público e animación.
Amosando publicacións coa etiqueta sAn André de Vea b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sAn André de Vea b>. Amosar todas as publicacións
17 de novembro de 2016
11 de novembro de 2016
Ouzande recibe o outono este sábado cunha foliada:::
A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande continúa co seu programa "DE OUTONO", coa celebración da Festa de Outono que terá lugar este sábado 12 de novembro ás 20:30 da noite no Campo da Festa de Ouzande. No programa contarán con castañas asadas e viño novo de balde para todos os asistente e teñen a previsión de estrear algunhas novidades gastronómicas interesantes para facer unha festa máis doce para todos:
-Degustación de pasteis e doces elaborados con castañas e produtos do outono cociñados por socios e socias.
-Tamén instalarán un servizo de bar con chourizos asados a prezo módico para completar a festa.
Non faltará a música cos compoñentes de RETROUSO, e co grupo de cancións RECANTO.
Nesta ocasión contarán ademais coa participación musical do grupo de S. André de Vea, AS CARABUÑEIRAS DE VEA.
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
festa,
música,
Ouzande,
sAn André de Vea
9 de novembro de 2015
Santo André de Vea e Ouzande celebran o outono en sintonía:::
As boas condicións do tempo animaron ao numeroso público a achegarse ao Campo da Festa da parroquia ouzandesa.
A Fervenza de Ouzande convocou para o pasado sábado a tradicional "festa do outono", foi desde as 20.30h no Campo da Festa. Houbo castañas e viño de balde, así como chourizos e postres de outono elaborados polos socios.
No apartado musical actuaron Retrouso e Recanto de Ouzande e mailas pandereteiras Carabuñeiras de Santo André de Vea. A noite fíxose pequena para a celebración que se alongou ata a madrugada. O canto tradicional, a música e mailo baile puxo en relevo a boa relación entre os veciños de ambas parroquias que festexaron o outono en sintonía.
| Público na festa do outono |
| Castañas e viño novo de balde |
| castañas |
| Retrouso |
| Dóces do outono |
| As Carabuñeiras de Santo André de Vea |
| Pandereteiras de Santo André de Vea |
| Música e baile ata a madrugada |
Etiquetas:
actividades,
festas,
Ouzande,
sAn André de Vea
4 de novembro de 2015
Ouzande celebra o magosto este sábado 7 de novembro:::
A parroquia de Ouzande celebra este sábado ás 20.30h a súa tradicional festa do outono. Esta actividade encádrase dentro da programación cultural da Fervenza de Ouzande que xa comezou con clases de música tradicional todas as fins de semana e un curso de labores relacionados co tecido.
A festa hase celebrar no Campo da Festa da parroquia e contarán coa animación de tres formacións musicais: Retrouso e Recanto de Ouzande e o grupo de música tradicional de Santo André de Vea, AS CARABUÑEIRAS DE VEA. A gastronomía tamén ocupará un lugar destacado na festa xa que haberá unha exposición e degustación de froitos e sobremesas dóces da estación, elaboradas por socios da Fervenza de Ouzande. Esta degustación complétase cun servizo de bar e comidas como chourizos asados. A cita é ás 20.30h no Campo da Festa de Ouzande.
imaxes de arquivo e cartel da actividade
Etiquetas:
música,
Ouzande,
sAn André de Vea
18 de febreiro de 2015
O Entroido imponse ao mal tempo:::
O mellor Entroido do mundo é aquel que vive cadaquén e A Estrada non se rinde ante as inclemencias do tempo, así o luns e martes de Entroido don Carnal fixo gala pola bisbarra.
GUIMAREI NON DEFRAUDA
Foi unha das frases máis oídas este luns cando a parroquia de San Xiao celebraba a Santa Apolonia. A pesar da choiva e do frío, o Campo da Cruz encheuse coma todos os anos, a carpa que a organización preparou para a ocasión converteuse nun espazo multicolor onde por unha noite conviviron desde pitufos a osos, desde medievais ata góticos ou desde piratas ata monxes. Na Praza do Concello congregáronse os primeiros grupos de "entroidos" á espera do seu autobús que os había levar a unha noite de troula. Os grupos Limón e Mosaico animaron a velada que durou ata ben entrada a mañanciña.
![]() |
| O Campo da Cruz estivo de novo a tope no Entroido de Guimarei 2015. |
O LUNS DE ENTROIDO TIVO PREMIO
Ou mellor dito, premios; houbo tres categorías desde grupos ata individuais e parellas. Os gañadores na individual foi o "Prato de lentellas" que levou 50 euros. Con 30 foi premiada a "Fábrica de políticos" e con 20 a "Dama dos Gusanitos". Na modalidade de parellas o primeiro premio foi para "Beleza Animal" (100 euros), o segundo para "Novas Pragas" (75 euros) e o terceiro para "Os vellos de Couso tamén ven a TV" (50 euros), parella que tamén se deixou ver no Entroido de Couso. Finalmente, na categoría de grupos, o primeiro premio foi para a comparsa da "Volta ao Mundo en 80 días" que levou 400 euros, foi unha coidada comparsa proveniente de Portonovo que todos os anos participa neste concurso. O segundo, que estaba dotado de 200 euros, foi para unha animada comparsa titulada "As Galiñas Trouleiras" e que reproducía un completo galiñeiro, proviñan de Meis e tamén participan todos os anos nesta festa. Finalmente, o terceiro premio foi para "Bailando coas botas postas" que levaron 100 euros. Esta comparsa era da Estrada. O xurado estaba formado por Lucía Seoane (Concelleira), Sally Torres (coñecida humorista de Callobre) e Pedro Pérez (colaborador de radio).
DEZ PARROQUIAS LOCEN COMPARSA O MARTES DE ENTROIDO
Na tarde onte, martes, o tradicional atranque dos Xenerais da Ulla que se realiza na vila estivo moi ben acompañado. Fíxoo co traballo de ata 10 parroquias da Estrada que crearon as súas carrozas e comparsas para desfilar polas rúas da vila. O tempo solleiro animou a participar a milleiros de persoas desta festa, aínda que o impoñente vento frío fixo que pronto cadaquén se refuxiase onde puido. Outro dos atrancos que tiveron as parroquias foi mover as súas carrozas logo do nefasto espectáculo vivido no entroido de Couso. Axudados por Protección Civil, levaron ata a Avenida Antón Losada todo o armamento de entroido para logo locilo pola Estrada. Moreira e Riobó convertíronse en sendos circos, Callobre trouxo á Estrada a mesma estatua do Cristo de Rio de Janeiro, cárceres con famosos, paparazzis, gharotas, autobuses e un sinfín de espectáculos provenientes de San Miguel de Castro, Oca, Lagartóns, Couso, San Xurxo de Vea, Arnois, Berres e Guimarei. Sondodance puxo música e cor oitenteira á festa.
![]() |
| Fotos de Ana Pereira. |
A Estrada ben pode presumir de ter un dos entroidos máis interesantes de Galicia, pois a festa non remata hoxe mércores de cinza, senón que se estende á próxima fin de semana, cando Oca e Santeles celebren os seus atranques de Xenerais e Ouzande viaxe ao medievo da man de "Medievou".
En Oca será este sábado 21 na escola da localidade, mentres que os xenerais de Santeles teñen unha cita tanto o sábado coma o domingo ás 19:00h. no Campo da Festa da parroquia. Ouzande tivo que suspender a festa medieval que tiña prevista para o pasado sábado a causa da choiva. Medievou será este sábado ás 16,30h cando no Campo da Festa ouzandés se congreguen os festeiros. A primeira actividade será un paseo en carrozas pola parroquia, sairán de 17h a 19h polos distintos lugares de Ouzande e levarán consigo os xa tradicionais "Cegos do Antroido" que lle darán un bo repaso á actualidade mundial, galega, estradense e ouzandesa. Xa ás 19h e no Campo da Festa haberá unha gran festa medieval con postos de artesanía, música medieval, merenda gratuíta e actuación de grupos folclóricos. Agárdase que a romería se alongue ata a noite.
![]() |
| Inicialmente estaba prevista para o sábado 14 pero vaise celebrar este sábado 21. |
17 de novembro de 2014
Santo André de Vea ríndese ao encanto do tradicional:::
Santo André de Vea rendiuse unha vez máis ao encanto do tradicional. A Asociación de Mulleres Rurais da parroquia organizaba a "IIª Fuliada" nas inmediacións da casa-escola, próxima ao lugar de Celeirón. Nunha carpa, instalada para a ocasión daba inicio contra as 21h a festa. Participaron as Ruadeiras de Loimil, Os de Couso, O Recobio de Vaamonde, as pandereteiras Carabuñeiras, Retrouso, Xarandeira de Cesures, Coto da Nai, Tamparrantán de Vea e Milgrandeira. Aínda que estaba prevista a actuación de Recanto, este grupo tivo que ser substituído por Retrouso por non poderen acodir a causa de problemas de saúde. Os grupos gozaron da convivencia, de pinchos ofrecidos pola organización, quen tamén tivo a ben ofrecer diversos manxares aos festeiros. A festa foise prolongando cara á madrugada con rodas de baile improvisadas e co bo sabor do tradicional que unha vez máis lociu en Santo Andrés de Vea.
| Carabuñeira |
| Retrouso |
| Un dos grupos de festeiros que se animaron a bailar. |
| Retrouso |
| Xarandeira |
| Xarandeira |
| Milgrandeira |
11 de novembro de 2014
Santo André de Vea acolle a IIIª Fuliada de Música Tradicional:::
O vindeiro sábado 15 de novembro, San André de Vea converterase de novo na gran catedral da música tradicional. A festa comeza ás 21h e contará co seguinte elenco de formacións musicais: Recanto, que é o grupo de canto tradicional da Fervenza de Ouzande, o grupo de pandereteiras As Ruadeiras de Loimil, o grupo Milgrandeira, a formación Xarandeira de Cesures, o grupo de música Os de Couso, O Recobío de Vaamonde (Teo), o grupo da parroquia de Aríns en Santiago Coto da Nai, Tamparrantán de Vea e mailas pandereteiras Carabuñeiras, Algunhas destas formacións xa participou na edición na IIª edición en 2013. A festa está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Santo André.![]() |
| Recanto na IIª Fuliada (2013) Imaxe de arquivo. |
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















