Xa están á venda na taberna de Ouzande as camisolas deseñadas por Rosa de Cabanas e coas que A Fervenza de Ouzande nos anima a vestir á moda. Trátase dun motivo tomado do Entroido deste ano, cando a parroquia se disfrazou de "Ouzande Faxion Week" Unha semana da moda que non podía quedar nunha mera celebración de Entroido, motivo polo que a asociación cultural ouzandesa tomou como motivo das súas camisolas a bata de cruzar e a pañoleta características daquela festa. As camisolas son azul mariño e teñen un estampado que reproduce o que ben podería considerarse unha revisitación do traxe de cotío; botas de goma, bata de cruzar, guantes de fregar e pañoleta. A lenda está en amarelo e branco, di "rural faxion, Ouzande 2014". A orixinalidade deste deseño fai que as unidades en venda, que son limitadas, voen. Desde o sábado pasado xa se poden mercar en "Casa Porto", a Taberna de Ouzande ,e xa está espertando moito interese non só na parroquia senón que comezaron a chegar peticións. 11 de xuño de 2014
O rural está de moda:::
Xa están á venda na taberna de Ouzande as camisolas deseñadas por Rosa de Cabanas e coas que A Fervenza de Ouzande nos anima a vestir á moda. Trátase dun motivo tomado do Entroido deste ano, cando a parroquia se disfrazou de "Ouzande Faxion Week" Unha semana da moda que non podía quedar nunha mera celebración de Entroido, motivo polo que a asociación cultural ouzandesa tomou como motivo das súas camisolas a bata de cruzar e a pañoleta características daquela festa. As camisolas son azul mariño e teñen un estampado que reproduce o que ben podería considerarse unha revisitación do traxe de cotío; botas de goma, bata de cruzar, guantes de fregar e pañoleta. A lenda está en amarelo e branco, di "rural faxion, Ouzande 2014". A orixinalidade deste deseño fai que as unidades en venda, que son limitadas, voen. Desde o sábado pasado xa se poden mercar en "Casa Porto", a Taberna de Ouzande ,e xa está espertando moito interese non só na parroquia senón que comezaron a chegar peticións. 10 de xuño de 2014
Sardiñas e música tradicional para celebrar o Santo Antonio:::
![]() |
| cartel da festa |
O Regato de Matamulleres toma nome do lugar homónimo de Callobre onde naceron aló por 1995. Segundo eles mesmos afirman, fan música limpa e "á súa maneira" procurando ser eles mesmos os primeiros en se divertir no escenario para transmitilo ao público. O repertorio recolle pezas tradicionais e versións de grupos consolidados como Quempallou, Susana Seivane, Os Carunchos ou Treixadura. Algunhas pezas son de produción propia.
Retrouso é o grupo nacido das clases de gaita e música tradicional de Ouzande, xa teñen no mercado un disco co mesmo nome da parroquia "Ou". Teñen unha axenda moi apretada, sendo os animadores de numerosas festas e romarías tanto na comarca como por Galicia adiante e mesmo no estranxeito. Retrouso toca música tradicional moi mimada e moi festeira coa que consiguen que o público baile e se divirta a ritmo de xotas, muiñeiras, pasodobles, valses ou rumbas.
Recanto é o grupo de canto tradicional nacido das clases de canto da Fervenza de Ouzande. Naceron ao pé do Muíño do Rubio durante unha "noite no muíño" e pola necesidade de ter un repertorio común para cantar xuntos. Ao pouco xa estaban recibindo clases da man de Marcos Varela e en poucos meses xa se deixaron escoitar no certame de Cantos de Taberna de Pontevedra. Nos últimos meses participaron en certames como os cantos de taberna da Estrada ou Arzúa.
A festa de Santo Antonio é coñecida popularmente en Ouzande como "A Sardiñada", está organizada pola Comisión de Festas (Xunta Parroquial) e constitúe a primeira festa "de verán" da aldea.
Retrouso é o grupo nacido das clases de gaita e música tradicional de Ouzande, xa teñen no mercado un disco co mesmo nome da parroquia "Ou". Teñen unha axenda moi apretada, sendo os animadores de numerosas festas e romarías tanto na comarca como por Galicia adiante e mesmo no estranxeito. Retrouso toca música tradicional moi mimada e moi festeira coa que consiguen que o público baile e se divirta a ritmo de xotas, muiñeiras, pasodobles, valses ou rumbas.
Recanto é o grupo de canto tradicional nacido das clases de canto da Fervenza de Ouzande. Naceron ao pé do Muíño do Rubio durante unha "noite no muíño" e pola necesidade de ter un repertorio común para cantar xuntos. Ao pouco xa estaban recibindo clases da man de Marcos Varela e en poucos meses xa se deixaron escoitar no certame de Cantos de Taberna de Pontevedra. Nos últimos meses participaron en certames como os cantos de taberna da Estrada ou Arzúa.
A festa de Santo Antonio é coñecida popularmente en Ouzande como "A Sardiñada", está organizada pola Comisión de Festas (Xunta Parroquial) e constitúe a primeira festa "de verán" da aldea.
![]() |
| Imaxe de Arquivo. O Regato de Matamulleres na Sardiñada de Santo Antonio de 2013 |
Etiquetas:
actividades,
festas,
xunta parroquial
9 de xuño de 2014
Ruta turística polo Morrazo desafiando ao mal tempo:::
| Chegada a Donón, en Cangas. |
| Foto de grupo na "caracola" de Cabo Home. |
| O xantar realizouse no Pavillón do colexio de Darbo. |
| No Monte Carrasco, gozando das vistas panorámicas sobre a Ría de Vigo. |
| Foto de grupo no Monte Carrasco. |
| Visita á Aula da Natureza de Cabo Udra. |
| Chouzos de Chan de Esqueiros. |
4 de xuño de 2014
Un globo aerostático sobre a Praza da Farola, motivo do cartel das festas de San Paio:::
![]() |
| José Manuel Marque (Fundación Cultural), Nemesio Rey (Concelleiro de Festas) e Rosa Herraiz(autora do cartel) |
Esta semana presentábase en rolda de prensa ante os medios a que vai ser a imaxe das festas patronais da vila da Estrada. A Fundación Cultural e mailo Concello da Estrada escolleron á deseñadora ouzandesa Rosa Herraiz para darlle imaxe aos festexos por terceiro ano cosecutivo. O cartel céntrase na Praza de Galicia, máis coñecida como Praza da Farola, desde onde sae un globo aerostático rodeado de bandeirolas.
As datas festivas son desde o xoves 26 e esténdense ata o domingo 29,
aínda que se presentaron algunhas actividades que arrancarán o sábado anterior, o día 21. A Comisión explicou que aínda non está pechada a programación pero adiantaron algunhas das actividades que xa están contratadas, destacando un concerto de Treixadura ou o grupo de rumba catalá “La Pegatina”. O orzamento aproximase aos 100.000 euros.
Este é un esbozo da programación:SÁBADO 21: XXI Subida automobilística á Estrada.
DOMINGO 22: Remate da Subida Automobilística e exhibición da Escola de Música Sondodance.
LUNS 23: Festa do Lumeiro na Avenida de Pontevedra.
MARTES 24: Exhibición deportiva de Absolute.
MÉRCORES 25: “Bailables” da Banda de Música Municipal da Estrada.
XOVES 26: actos relixiosos, concerto de Treixadura, orquestra Assia
VENRES 27: actos relixiosos, Carreira Nocturna Estradense, festa latina co concerto de La Pegatina e as actuacións de Dj Manu López e Dj Will
SÁBADO 28: Maratón solidaria de zumba, concerto da Big Band Chattanooga, orquestra Os satélites.
DOMINGO 29: Concentración de vehículos clásicos, festa da bicicleta, concerto dos Lóstregos, tirada dos fogos artificiais e concerto de Los Chiquis.
3 de xuño de 2014
Este domingo Ouzande descubrirá os encantos do Morrazo:::
| Espectaculares vistas sobre as Illas Cíes desde Cabo Home |
A comarca do Morrazo será este domingo o escenario da excursión anual que organiza a Fervenza de Ouzande. A parroquia estradense rendirase aos encantos da bisbarra do Morrazo nunha das actividades máis agardadas do ano. Tal é así que a inscrición abriuse o pasado sábado e nunhas horas xa estaban cubertas as 55 prazas ofertadas. Neste momento hai aberta unha listaxe de espera por se houbese algunha baixa. A viaxe arrancará do centro de Ouzande o próximo domingo 8 de xuño ás 09:00h, durante a mañá está previsto visitar as vilas de Bueu e Cangas, así coma o Museo Massó, o estaleiro de Puzo ou Cabo Home. O xantar será nunha área recreativa de Cangas. Pola tarde os visitantes descubrirán Cabo Udra, en Bueu.
| Estaleiro de Puzo, en Bueu |
| Antigas oficinas de Massó, en Cangas. |
| Instalacións da fábrica de conservas de Massó en Cangas. |
| Cabo Udra é un enclave patrimonial moi singular. |
| As formacións rochosas en Cabo Udra. |
Etiquetas:
actividades,
cultura,
excursións
2 de xuño de 2014
Xornada de turismo polo románico da Estrada:::
| sendeiristas baixo o "Agnus Dei" ouzandés |
Polo momento as próximas activades da Fervenza de Ouzande serán a Excursión ao Morrazo este domingo día 8 de xuño, a actuación de Retrouso e Recanto nas festas do Santo Antonio (venres 13), a festa de fin de curso das clases de música e baile tradicional (sábado 21) e a festa do Lumeiro (luns 23).
| A ruta foi de 12 km de dificultade baixa |
| foto de grupo ao pé da igrexa románica de Santiago de Tabeirós |
| Atravesando a Consolación, en Tabeirós |
| A aldea de Castrorramior, na Somoza sorprendeu a moitos turistas. |
| Baixada aos Muíños da Freixa, na Somoza. |
| A ruta foi circular, camiño de regreso cara á igrexa de Ouzande. |
Etiquetas:
actividades,
cultura,
deporte,
excursións
26 de maio de 2014
Sendeirismo polo románico da Estrada:::
![]() |
| Cartel da actividade. |
A camiñata é aberta a todo o público e gratuíta. Arrancará ás 10 da mañá da igrexa de Ouzande para chegar contra as 13:30, ten unha lonxitude duns 13km e é de dificultade baixa. Logo de camiñar polos carreiros de Ouzande e subir ao Monte Pedroso, desta volta a proposta é para coñecer as parroquias de Ouzande, A Somoza e Tabeirós. O máis destacado é o rico patrimonio destas tres localidades, en especial as igrexas románicas de Ouzande e Tabeirós ou a aldea de Castrorramiro (A Somoza).
| Imaxe da ruta a Tabeirós realizada en 2013. Arquivo |
Etiquetas:
actividades,
cultura,
deporte,
excursións
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





