2 de xuño de 2014

Xornada de turismo polo románico da Estrada:::

sendeiristas baixo o "Agnus Dei" ouzandés
As parroquias de Ouzande, A Somoza e Tabeirós foron escenario dunha ruta polo románico estradense organizada pola A.C. A Fervenza de Ouzande. Trátase do peche do programa de rutas "Imos Andar 2014". A cita comezou ás 10 da mañá tras a ábsida románica do templo ouzandés, onde uns corenta sendeiristas aproveitaron para sacar unha foto de grupo. O percorrido estendeuse cara a distintos lugares de interese patrimonial da contorna, como a igrexa de Santiago de Tabeirós ou a aldea de Castrorramiro. A comarca sacou a relocir os seus encantos turísticos baixo o sol da primavera, facendo as delicias dos visitantes. Os Muíños da Freixa, na Somoza foron a última das paradas para repoñer forzas completar os 12km da camiñata. A organización anunciou que as próximas rutas serán no outono (12 de outubro) e no inverno (día de Nadal) e que o programa "Imos Andar" se ha retomar na primavera do ano próximo.
Polo momento as próximas activades da Fervenza de Ouzande serán a Excursión ao Morrazo este domingo día 8 de xuño, a actuación de Retrouso e Recanto nas festas do Santo Antonio (venres 13), a festa de fin de curso das clases de música e baile tradicional (sábado 21) e a festa do Lumeiro (luns 23).
A ruta foi de 12 km de dificultade baixa

foto de grupo ao pé da igrexa románica de Santiago de Tabeirós

Atravesando a Consolación, en Tabeirós

A aldea de Castrorramior, na Somoza sorprendeu a moitos turistas.

Baixada aos Muíños da Freixa, na Somoza.

A ruta foi circular, camiño de regreso cara á igrexa de Ouzande.

Ningún comentario:

Publicar un comentario