26 de xuño de 2011

Peche das actividades culturais de xuño en OUZANDE:::

Coa proxección do documental "O ESPÍRITO DAS TRINCADEIRAS" A Fervenza de Ouzande deu por finalizada a programación cultural para xuño. A pesar da vaga de calor que azoutou a parroquia nesta fin de semana, foi bastante a xente que acudiu ás dúas proxeccións deste documental que narra como os veciños de Goián (Tomiño) se enfrentaron á expropiación forzosa dun terreo de baldío chamado As Trincadeiras para a construción da actual autovía que une Portugal e Vigo. A unión fixo a forza e este espazo foi protexido polos veciños polo valor sentimental e ecolóxico posto que se ubica no esteiro do río Miño e alberga numerosas especies sobre todo de paxaros.
Por outra banda tamén se pechou un ciclo de festas, as últimas a dos cursos de música e baile o pasado 18. Tamén o Lumeiro congregou bastante público ao redor dunha fogueira presidida polo Home do Saco para queimalo de forma máxica e espectacular.


Ningún comentario:

Publicar un comentario