8 de xullo de 2012

Retrouso actúa este xoves no festival folck de Callobre:::

O vindeiro xoves e venres, a veciña parroquia de Callobre acolle o XIII Festival Folk de Raíz. Na primeira das xornadas festivas actuará o grupo ouzandés RETROUSO canda ao Regato de Matamulleres, Os Ke Hai e mailos Jonh Deeres. Tamén contarán cos regueifeiros Trioliro.
O venres actúan a Asociación Cultural Agarimo da Ulla, Recobio, Ardentía e Tanto Nos Ten. A parroquia de Callobre completará esta festividade coa romaría de San Bieito ao pé da súa centenaria sobreira e coas festas patronais de Santa Margarita.

Retrouso aproveitará esta cita para presentar algunhas das pezas do seu primeiro disco que xa poñerá á venda na propia festa. En breve teñen previsto facer as oportunas presentacións públicas deste traballo, que levan preparando desde hai tempo.

Retrouso presentando o cartel da Fervenza de Músicas de Ouzande o ano pasado

Ningún comentario:

Publicar un comentario