30 de agosto de 2012

Hoxe "a volta pasou por aquí":::


Hoxe a 64ª edición da "Vuelta Ciclista a España" pasou por aquí. É a terceira xornada en territorio galego. Tivo a saída en Vilagarcía e a meta ubícase no Ézaro (Dumbría). É unha etapa de 190 quilómetros, a ruta foi bordeando o mar agás no desvío en que se achegou á nosa zona. A meta ten un 13% de desnivel e está nun porto de terceira categoría.
O seu paso pola nosa zona deuse este mediodía pola N-640, estas imaxes recollen o momento en que ascendían polo Castroloureiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario