Ouzande celebrará as tradicionais festas do Socorro os próximos 7, 8 e 9 de setembro. Os actos relixiosos xa comezarán este xoves 30 coa novena que se celebrará a partir das 8 do serán na igrexa parroquial.

O sábado día 8 será unha xornada de moita actividade, pola mañá e logo dos actos relixiosos toca sesión vermouth co grupo BLUESTAR. Xa pola tarde o Campo da Festa convertirase nun estadio de fútbol para acoller a III edición do "TRIANGULAR DE FÚTBOL MIXTO SOLTEIROS-CASADOS-SEPARADOS". Nas edicións anteriores os solteiros e separados levaron os seus trofeos para a casa, así que desta volta os casados teñen que estar á altura para conseguir a súa victoria. Logo de suar a camisola, o Campo acollerá unha verbena cos grupos BLUESTAR e GÉMINIS.
O domingo 9 durante a mañá haberá actos relixiosos na honra da Virxe do Socorro, pasarrúas e concerto da Banda de Música Cultural da Estrada e maila tradicional poxa das ofrendas á Virxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario