16 de marzo de 2014

Rebenta a tubaxe da traída municipal provocando unha inundación en Ouzande:::

Esta mañá, ao fío das 11, un rebentón na canalización de auga da traída do Umia Parada-Penerada á altura da pista Ouzande-Guimarei provocaba a sorpresa da veciñanza que, de contado, avisou a Protección Civil do suceso. A Rotura foi na zona de Coviñas, entre o Tallo e a Aldea de Abaixo, á altura da pista que une Ouzande co Zarabeto. As consecuencias inmediatas foron que saíse auga a gran presión inundando a pista, os foxos e veigas e herbeiras próximas. Operarios municipais subasanaron contra o mediodía o problema. A tubaxe conduce a auga desde o río Umia en Parada coa subvestación do lugar de Penerada, no alto da parroquia. Esta avaría súmase aos problemas eléctricos na subvestación que deixou ao casco urbano durante horas hai uns días e ás roturas por exceso de presión en distintos puntos do casco urbano estradense.





Ningún comentario:

Publicar un comentario