 |
| Un dos grupos de pandereteiras da Fervenza de Ouzande. |
A escola de música e baile tradicionais da Fervenza de Ouzande xa está de vacacións. O pasado sábado 21 ás 21h comezaba o serán co que despediron o curso os case 100 alumnos que cada sábado viñeron ateigando o local social ouzandés. E fixérono mostrando o mellor de si; comezaron o grupo de baile cunha muiñeira, bo xeito de romper o xeo e espantar a chuvia que ameazaba. Trala muiñeira veu a xota e os cantos de Recanto, as gaitas, o tamboril e mailas pandereteiras que fixeron a delicia dos asistentes. Non todo foi cantar, tocar e bailar xa que tamén houbo tempo para degustar uns manxares que ofreceu a organización, algúns deles cociñados polo propio alumnado. Na velada tamén estiveron presentes Silvia, Fofi e Marcos, os profesores que maxistralmente souberon transmitir un curso máis os seus coñecementos.A festa estendeuse ata as 2 da madrugada con máis cantos, bailes e música. As clases volverán en outubro, aínda que algúns dos grupos retomará xa en agosto ou setembro a actividade.
 |
| Os bailadores foron vestidos para a ocasión. |
 |
| Momento do baile. |
 |
| A velada alongouse ata a madrugada. |
 |
| O grupo de canto tradicional presentou novas pezas. |
 |
| As actuacións foron moi entrañables e divertidas. |
 |
| Momento dunha das actuacións de canto. |
 |
| Noelia e César, diálogo de gaiteiros. |
 |
| Novos tamborileiros da Fervenza de Ouzande. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario