
A Cada Canto está composto por catro nomes coñecidísimos do panorama musical galego; Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero. Nos seus currículos entrecrúzanse nomes de grupos históricos da cultura galega coma Fuxan os Ventos, Berrogüeto e máis actualmente o proxecto Espido, ou Romero, Lamas e Baamonde. En Oca compartirán escenario coa festeira Banda da Ballbina que se dera a coñecer grazas ao coñecido Estomballada e que continúa animando as festas co seu espectáculo. Coma o que darán os de Sarandón, A Requinta da Laxeira que xa son ben coñecidos desta banda do Ulla. Cè o home-orquestra animará co seu espectáculo persoal a noite de Oca, así coma os Regatos de Callobre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario