 |
| Concerto despedida de A Cada Canto en Oca |
A parroquia de Oca viviu unha intensa fin de semana festiva coa celebración tanto do III Ocafolk así coma coa festa de Santo Antonio.
A Praza de Oca acolleu o pasado venres o concerto de despedida de “A Cada Canto”, un marco incomparable ao que se achegaron os seus incondicionais seguidores así coma o numeroso público que quixo gozar co Ocafolk. Tralas actuacións destes e de Cé, Orquestra Pantasma fóronse sucedendo no palco os distintos grupos que conformaban o cartel: A Requinta da Laxeira, A Banda da Balbina e os Regatos alongaron a festa ata altas horas da madrugada. O Pazo de Oca foi testemuña dos cantos que ecoaron na praza, así coma dos improvisados bailes ou da oferta gastronómica ofrecida por un polbeiro.
O sábado 13, día do Santo e diante xusto da capela do mesmo, celebrouse a verbena coas formacións Assia e América.
 |
| Xosé Lois Romero, Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández |
 |
| O concerto arrancou coa interpretación de varios poemas de Rosalía de Castro |
 |
| A Cada Canto comezou a festa |
 |
| O público ateigou a praza. |
 |
| Público no III Ocafolk |
 |
| Entre actuacións animación de Cé, o home orquestra. Foto de Ocafolk |
 |
| A Banda da Balbina. Foto de Ocafolk |
 |
| A Requinta da Laxeira. Foto de Ocafolk |
 |
| Regatos, foto de Ocafolk |
 |
| A Praza de Oca acolleu os festexos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario