As festas do Nadal apuran as últimas actividades coas cabalgatas de Reis. As festas natalícias son propicias para os xantares abondosos e os agasallos, pero na Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande xa hai seis anos que veñen ofrecendo unha alternativa para a mañá do 25 de decembro que cada vez gaña máis adeptos. Desta volta unhas 20 persoas gozaron dunha mañá privilexiada e silandeira na que coñecer un pouquiño máis o entrono da Estrada ao tempo que facían algo de exercicio físico. Adentráronse nos montes de Ouzande e A Somoza para visitar, entre outros, o lugar de Ferreiros ou a Fervenza de Ouzande. Foron 12km de andaina de Nadal que de seguro han repetir neste recén inaugurado 2016.
Por outra banda, arestora debátese por parte da organziación sobre a viabilidade de celebrar o cabalgata de Reis tendo en conta o prognóstico do tempo. A Estrada celebrou durante estas festas varias actividades de animación de rúa e mesmo se instalou un pequeno parque de atraccións detrás da Casa das Letras.
![]() |
| saída na igrexa románica de Ouzande |
![]() |
| Montes de Ouzande e a Somoza |
![]() |
| Rego das Rans |
![]() |
| camiñando |
![]() |
| Muíños de Ouzande |
![]() |
| Animación de rúa pola vila da Estrada |






Ningún comentario:
Publicar un comentario