1 de novembro de 2017

Controlado o incencio que se declarou hoxe en Portela (Codeseda):::

Xa está controlado o incendio que se declarou á beira da estrada A Estrada-Forcarei á altura do lugar de Portela, na parroquia estradense de Codeseda. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil da Estrada así coma varias brigadas e mesmo un helicóptero. Deixaron o lume controlado contra ás 14.15h de hoxe, 1 de novembro. 
A pesar da cercanía das casas, non houbo perigo para elas ao estaren protexidas por unha masa de árbores frondosas. Este lume súmase ao extinguido na xornada de onte en Loimil e que fai pensar na presenza na zona de posibles persoas incendiarias.
Tanto as condicións metereolóxicas coma a intensa sequía xunto coa enorme cantidade de coníferas  poñen o municipio en alerta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario