
Un dos temas de conversación dos festeiros durante a velada de onte e hoxe é o triangular de fútbol mixto que se celebra esta tarde, ás sete no Campo da Festa. A comisión de festas ultima detalles do que será unha das actividades máis agardadas do ano. Segundo Meteogalicia a previsión metereolóxica para a tarde fala de que as chuvias desaparecerán ao tempo que se irán abrindo claros, especialmente na metade leste de Galicia. As temperaturas serán semellantes ás de onte, coas mínimas sen cambios e cun pouco menos de forza nas máximas. O equipo gañador do II Triangular de Fútbol Mixto de Ouzande ha levar un trofeo, unha das novidades deste ano, agora falta saber as sorpresas que traen ao Campo da Festa de Ouzande as tres seleccións.
Ao remate do partido Géminis e Bluestar darán lugar á verbena, segundo as previsións metereolóxicas prevése unha noite máis fresca que a de onte.
Mañá será o momento de escoitar a Banda de Música Municipal da Estrada e de asistir á poxa coas ofrendas á Virxe do Socorro. Haberá un posto da Fervenza de Ouzande para garantizar o vermouth. Tamén está previsto que sobre as dez menos cuarto da mañá arranque no lugar do Picoto a proba galega de BTT que organiza Bikestrada, convidan aos veciños a achegarse a animar aos aproximadamente 400 ciclistas que farán a RUTA DA RAPA DAS BESTAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario