17 de decembro de 2011

Comeza a EXPOSICIÓN sobre os dez anos da Fervenza de Ouzande:::


Logo do éxito na súa estrea en OUZANDE, o DVD relativo aos dez anos da asociación cultural A Fervenza de Ouzande estréase esta tarde ás 8 no MOME da Estrada. Ademais estará aberta unha exposición sobre estes dez anos nese local. Esta mostra pódese visitar desde hoxe, sábado 17 ao vindeiro xoves 22 de decembro nos seguintes horarios: Mañás: De 11:00 a 13:30 e Tardes: De 17:30 a 20:30.

A mostra xa está aberta e alí pódense mercas os produtos da asociación, especialmente o DVD a un prezo de 5 euros.





Ningún comentario:

Publicar un comentario