30 de decembro de 2011

OUZANDE recibe o anonovo cunha festa no local social:::

A Fervenza de Ouzande organiza un ano máis unha espectacular festa de fin de ano. Se cabe este ano será máis glamourosa debido a que a benvida de 2011 non se puido celebrar por estar o local social en obras.
A organizacion convida a un brinde polo ano novo con champaña e a comer as doce uvas ao son das doce badaladas, pero un pouquiño máis tarde das doce para así compatibilizar as ceas familiares con este encontro veciñal.
A música enlatada animará a festa ata altas horas para celebrar a benvida do 2012.

Ningún comentario:

Publicar un comentario