 |
| Traxe galeglam |
 |
| Traxe tipo "Mucha" |
 |
| Moda premamá |
O pasado sábado 1 de marzo celebrouse en Ouzande o Entroido por todo o alto coa
Ouzande Faxion Week. Aínda que o mal tempo non permitiu que saise a "Caravana da Moda", o local social acolleu desde as 19h unha impresionante festa de moda, desfiles e glamour.As primeiras en chegar foron as modelos da colección de tempada, cos máis variados vestidos estilo "bata de cruzar" e katiuskas; desde as propostas máis para o día a día a versións
faxion con katiuskas prateadas ou ourivería artesá galega superpostas . Ninguén quixo perder a edición única da
Ouzande Faxion Week que ata a realeza se deixou ver con traxe de gala. Os personaxes famosos convidados máis aclamados polo público foron Alaska e Mario Vaquerizo quen mesmo se animaron a cantar para aumentar, se cabe, a calor dos focos dunha noite "glam" como eles mesmos dixeron. As súas declaracións deixaron entrever que lles "encantou" esta singular concepción da semana da moda. Outros famosos que pisaron a pasarela ouzandesa foron Mary Poppins ou o mesmo Mikel Jackson, a quen xa criamos desaparecido. O mundo do vestiario laboral e exótico tamén desfilou pola alfombra vermella. Tal e como acostuma a pasar nestes eventos, as grandes celebridades tenden a chegar tarde para facerse as interesantes, así aconteceu coas Cegas do Entroido que chegaron marcando tendencia coas súas katiuskas-bolso, pero a tardanza pagou a pena pois viñeron coas súas coplas entroideiras coas que fixeron as delicias do público. Cegas, famosos, modelos... todos fixeron unha saída desafiando á chuvia para visitar a taberna de Ouzande e botarlle alí as súas coplas. Á volta unha completa mesa de manxares do entroido serviu para descansar de tanto glamour e deu paso á actuación dunha peculiar comparsa musical coa que rematou un dos entroidos máis singulares e orixinais dos últimos tempos, o da
Ouzande Faxion Week.
 |
| moda infantil |
 |
| A súa maxestade |
 |
| Tendencia agro-glamour |
 |
| famosos no photocall |
 |
| Modelo de noite interior |
 |
| Especial noite por fóra |
 |
| Master Cheff púxolle glamour á merenda |
 |
| famosas con glamour |
 |
| parella de rúa |
 |
| Desfile de Vaquerizo |
 |
| Coas coplas na Taberna de Ouzande |
 |
| Alaska e Mario |
 |
| Mikel Jacson desfilando |
 |
| Comparsa do Entroido |
 |
| Cega do Entroido e comitiva |
Ningún comentario:
Publicar un comentario