29 de agosto de 2010

O próximo xoves comezan os actos relixiosos previos á romería do Socorro:::


O xoves día dous de setembro comeza a novena na honra do Socorro, será o inicio das actividades que se anuncian no programa das festas e que inclúe actividades coma a III Fervenza de Músicas, o Triangular de Fútbol solteir@s, casad@s, separad@s, a caixiña dos mistos, a verbena con Glomour e Nebraska ou as cerimonias relixiosas coas súas procesións e a popular poxa das ofrendas á Virxe.

24 de agosto de 2010

novidoso encontro de fútbol para as festas do Socorro:::


A comisión de festas vén de anunciar un curioso encontro deportivo que terá lugar o sábado das festas do Socorro. En Ouzande xa tiveramos encontros de solteiros-casados pero desta volta a iniciativa é mixta e convértese nun triangular ao contar co colectivo de seperados e separadas. A cita é o sábado ás sete e media no Campo da Festa e nela poden participar as persoas que o desexen previa inscrición na taberna de Ouzande.

20 de agosto de 2010

A "Caixa dos Mistos" actuará en Ouzande:::


Será o vindeiro domingo 12 de setembro como colofón ás festas do Socorro.
"A Caixa dos Mistos" é unha iniciativa innovadora na animación deste xénero que chegará á parroquia da man da Fervenza de Ouzande. Trátase dunha plataforma de distribución audiovisual para nenos e nenas de entre 0 a 14 anos. É unha caravana ambulante que anda a percorrer Galicia, ten capacidade para 15 persoas de cada visionado e complétase con actividades na alfombra de entrada á caravana onde se dinamiza cada proxección antes e despois do visionado.
Máis información desta iniciativa na PÁXINA WEB ou no BLOG da "Caixiña dos Mistos"

18 de agosto de 2010

novidades nos días 10, 11 e 12 de setembro na celebración das festas do Socorro:::


As festas do Socorro preséntanse con numerosas novidades. O martes día dous xa comezan os actos relixiosos coa tradicional novena. O venres día 10 pola noite teremos a III Fervenza de Músicas con grupos coma A Requinta da Laxeira, Retrouso ou Os Xeitosos de Trazo. Nebraska e Glamour actuarán o sábado, logo do triangular de fútbol; solteiros, casados, separados. No domingo haberá a tradicional poxa e pola tarde a novidade será "a caixiña dos mistos", unha iniciativa que achegará cine infantil a Ouzande. As camisolas conmemorativas destes actos festivos están a venda, entre outros lugares, na taberna.

11 de agosto de 2010

Péchanse as festas patronais coa actuación do Mago Toño:::

Este domingo remataron as festas de San Lourenzo de Ouzande con éxito de público e sen incidencias. A programación desenvolveuse segundo o previsto. O peche deuse na tarde do domingo cunha actuación espectacular do mago estradense Toño. Podes acceder ás fotos que publicou a fervenza de ouzande neste enlace.

5 de agosto de 2010

Esta fin de semana celébranse as Festas Patronais de Ouzande:::

Este é o programa:

Este é un video dos Xeitosos de Trazo que actuarán na velada do venres:

Comparten cartel con Retrouso que xoga na casa:
e con Panaraiada de Santiago:
O sábado actúan Verdementa e o Trío Luzada.
O domingo haberá animación coa Charanga OS ATREVIDOS:

como tamén atrevido será o espectáculo do MAGO TOÑO que porá punto e seguido ás festas de San Lourenzo de Ouzande 2010:

O Muíño do Rubio é escenario dunha fermosa festa; un día no muíño:::


Este ano volveuse ás raíces, corría o ano 2002 e A Fervenza de Ouzande fixo a primeira limpeza na zona da Fervenza. Para celebrar este traballo común para goce de todos organizaron un xantar campestre ao pé do Muíño do Rubio. Oito anos despois repítese logo de ter esta mesma cita todos os anos pola noite. Houbo quen foi vestido de época, bailouse moito, tocouse tamén, pero sobre todo pasouse unha velada inesquencible.
video

Sígueme por correo electrónico:::