21 de novembro de 2011

Este domingo festa de aniversario da Fervenza de Ouzande:::

Este domingo ás 6 da tarde, Ouzande está de estrea. Será a do documental creado pola Fervenza de Ouzande para celebrar o seu X aniversario. Trátase dun filme de máis dunha hora de duración no que os protagonistas son 70 persoas ligadas á asociación que foron entrevistadas este verán. Aborda o documental a creación da entidade así como as valoracións que fan os propios socios destes dez anos de andaina. As distintas actividades aparecen descritas nas voces das persoas entrevistadas. Andar carreiros, dez anos da Fervenza de Ouzande é o seu título e supón unha iniciativa pioneira en Galicia ao recoller os testemuños de tanta xente creando unha liña argumentativa na espontaneidade das persoas entrevistadas.
O MOME será o seguinte sitio onde se presente e irá acompañado dunha exposición sobre estes dez anos da Fervenza.
A proxección do domingo estará acompañada dunha merenda e convívio. Para aocoller máis comodamente a exibición instalaranse dous canóns de proxección nos dous locais máis grandes do palco e poñerase a cinta nestes lugares ao mesmo tempo.

Este sábado iníciase o "curso de poda" no local social:::

Máis de trinta persoas asistirán este sábado ao curso de poda que organiza A Fervenza de Ouzande. Será a primeira sesión logo da presentación que se fixo o pasado día. Segundo o programa, a clase deste sábado versará sobre as distintas formación arbóreas e tipoloxías de ramas, paso previo para poder facer ben a poda. No seguinte sábado a temática serán os enxertos.

15 de novembro de 2011

Así foi a festa do outono de Ouzande:::

O pasado sábado pola tarde, o Campo da Festa de Ouzande foi un rebulir de xente a ir e vir grazas á festa do outono organizada pola Fervenza. Durnte o transcurso da festa achegouse moita veciñanza a degustar as deliciosas castañas que acompañaron doutros manxares propios deste tempo. A música puxérona os condicionais alumnos e alumnas das clases que semanalmente se imparten na parroquia. O bo tempo, con vento cálido animou a baixar a numerosas persoas que, entre outras cousas, tamén entraron no local inferior do palco para ver en pantalla grande a proxección dos partidos celebrados nas festas do Socorro, no II Triangular de Fútbol Mixto de Ouzande.

10 de novembro de 2011

Esta fin de semana, festa do outono en Ouzande:::

Este sábado 12 de novembro o Campo da Festa de Ouzande acollerá unha orixinal festa do outono onde as castañas se mesturarán cos goles do IIº Triangular de Fútbol Mixto organizado pola Xunta Parroquial para as festas do Socorro. E é que se vai facer unha xuntanza con bar, chourizos asados, castañas asadas e viño novo a partir das 7 da tarde mentres se proxectan os partidos do Triangular de Fútbol. A música será a protagonista na parte final da actividade grazas ao grupo Retrouso, máis info no blog da Fervenza de Ouzande.

8 de novembro de 2011

Comeza un curso de poda en Ouzande:::


O pasado sábado celebrouse no local social de Ouzande unha reunión de presentación para o curso de poda que organiza a Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande. No transcurso deste encontro falaron Xabier Camba (presidente da entidade) e Pepe Loureiro (profesor do curso). Expuxéronse os contidos e datas. Máis dunha trintena de persoas asistiron á xuntanza e inscribíronse na actividade que comezará o vindeiro sábado 26.

Tal e como quedou de manifesto o sábado pasado, son moitas as dúbidas e necesidades de formación neste ámbito e tamén noutros parellos como é o tema da protección das árbores e o coidado das mesmas da forma máis saudable posible e menos agresiva para a terra. O curso terá tres sesións formativas, dúas semi-teóricas e unha totalmente práctica, desenvolverase durante tres sábados, sendo o primeiro o vindeiro día 26 do presente mes.




máis info en catrogatos.com