30 de abril de 2014

Comezan as rutas de senderismo da Fervenza de Ouzande:::

A Fervenza de Ouzande programou tres rutas a pé para esta primavera que comezan mañá coa "Ruta dos Carreiros de Ouzande". A seguinte será o 17 de maio, cadrando co dia das Letras Galegas e a última o domingo 1 de xuño.A ruta de mañá arrancará  ás 10 da igrexa de Ouzande  e terá un percorrido de 11km polos camiños e carreiros da parroquia (O Redondo, O Castro, O Picoto, O Formigueiro e Alemparte) Segundo informou a asociación ouzandesa, unha parte do percorrido cruzará o monte de Ouzande, con numerosas carballeiras e pequenos bosques de acivros. Esta ruta é de dificultade baixa e agárdase un tempo atmosférico propicio para a práctica desta actividade. O regreso será para as 13:30h

7 de abril de 2014

Arzúa ríndese ao encanto dos "Cantos de Taberna":::

O pasado sábado a localidade coruñesa de Arzúa rendiuse aos "Cantos de Taberna". A festa xa comezou pola mañá coa recepción ás 11:45 h. dos grupos participantes no Multiusos de Arzúa. Contra ao mediodía celebrouse unha homenaxe á familia Seivane seguido dun xantar de confraternidade no Multiusos. Os grupos Retrouso e Recanto uníronse ás máis de trinta formacións que converteron a capital do queixo na capital da gaita e do canto. As actuacións simultaneáronse polos distintos bares da vila, tocando a tres por formación. Os ouzandeses tocaron e cantaron conxuntamente, competindo coas proxeccións de fútbol e montando festa alí por onde pasaron. Este evento estivo organizado pola Asociación Festa da Gaita Galega.






Sígueme por correo electrónico:::