Pasadas as 23h todo estaba listo no Campo da Festa de San Xurxo de Vea para que dera inicio a 3ª edición do Festival Folk. Os primeiros en animar musicalmente a velada foron os ouzandeses Retrouso que presentaron o seu primeiro disco OU, quecendo os motores dunha festa que paseniñamente se ía enchendo de xente. A seguir O Recobio de Vaamonde tomou o relevo da música tradicional pero desta volta a xeito de banda de música. O Regato de Matamulleres de Callobre foi o terceiro grupo en subir ao palco e facer cantar ao auditorio. O punto e final do festival non foi tan tradicional pois estivo da man dos cuntienses Estofados en Salsa, liderados por Fran Campos e Damián Cortés, coñecidos polo auditorio polo seu bo facer no mundo da radio, música e humor. Tomaron músicas comerciais para variarlles a letra e facer rir ao público.
A novidade desta edición foi o lugar escollido para a festa, pois trasladouse a unha pequena carballeira que hai no estremo do Campo da Festa, creando un lugar moi agradable para este evento.
| Os vellos carballos de San Xurxo de Vea foron testemuña do III Festival Folk |
| As gaitas de Retrouso inauguraron a festa |
| A formación ouzandesa sobre o palco |
| A música tradicional prendeu con forza en Vea |
| Fon, Pablo e Miriam, de Retrouso |
| Traballo dos técnicos de son |
| O Recobío de Vaamonde (Teo) fixo as delicias dos asistentes |
Ningún comentario:
Publicar un comentario