29 de maio de 2010

A Orquesta Galilea, unha das atraccións do Santo Antonio 2010 de Ouzande:::

A comisión de festas comezará a anunciar nos próximos días a festa do Santo Antonio. Este ano celebraráse o día 4 de xuño á tardiña. Unha misa rezada marcará a actividade relixiosa. Coma todos os anos non faltarán as sardiñas. A organización sorteará un castrón entre os asistentes. A festa durará ata altas horas e estará amenizada pola orquesta galilea.

visita o calendario de actuacións

26 de maio de 2010

Este domingo celébrase a excursión anual con destino en Monterrei:::


As terras do val de Monterrei acollerán este domingo unha expedición de ouzandeses na que será a excursión anual organizada pola Fervenza de Ouzande.
Pola mañá está previsto visitar a vila de Verín e mailo Castelo de Monterrei.
O xantar ha ser nunha área recreativa á beira do Río Támega. Pola tarde a excursión achegaráse ao manancial de augas de Cabreiroá para gozar co manancial, balneario e extensos xardíns.
Anuncian tamén a posibilidade de viaxar pola tarde ata a veciña cidade de Chaves, xa en Portugal para coñecer esta localidade arraiana do Alto Tâmega, en Tras-os-montes.


18 de maio de 2010

Fin de semana das letras galegas en Ouzande:::

Aínda que o día propio das LETRAS GALEGAS é o 17 de maio, en Ouzande desta volta celebrouse por todo o grande xa desde o sábado. Comezouse coa inauguración dunha exposición no local social sobre o autor homenaxeado este ano; Uxío Novoneira. A seguir, e de man de Don Olimpio Arca, houbo unha conferencia [o sábado ás 8 do serán] sobre un inventor da Estrada, concretamente de Curantes chamado Don Ramón Verea. Destacar as palabras do profesor estradense que chamou a atención sobre o feito de que non coñezamos a este insigne veciño que no século pasado camiñou mundo e inventou nin máis nin menos que a calculadora tal e como a coñecemos agora. "Sempre nos ocultaron as cousas" di Don Olimpio en relación á nosa cultura, á nosa xente. Nunca se deixou por parte dos poderes que progresáramos. É tempo de deixar de ser ignorantes e progresar.
Ao domingo de mañá un grupo de sendeiristas deuse cita diante da románica igrexa ouzandesa para subir ao Monte da Somoza, pasando polo de Ouzande, muíños da Fervenza, Monte Cabalar. Á volta houbo agasallo para todas as persoas que camiñaron a xeito de libro.


13 de maio de 2010

Nataly Cabanas, de orixe ouzandesa, no Festival du Cinèma Bresilièn de París:::


Nataly Cabanas,neta de Manolo de Cabanas vén de presentar un novo filme no Festival du Cinèma Bresilièn de París. Podes ver un trailer a seguir:

Fin de semana cultural en OUZANDE:::

Con motivo do día das letras galegas, A Fervenza de Ouzande organizou un roteiro polo Monte da Somoza, ao mesmo tempo haberá unha charla organizada pola mesma entidade e na que o profesor Don Olimpio falará sobre o inventor local Ramón Verea. Temos máis información no sitio web da Fervenza de OUzande. Estes son os carteis das dúas actividades: