18 de maio de 2010

Fin de semana das letras galegas en Ouzande:::

Aínda que o día propio das LETRAS GALEGAS é o 17 de maio, en Ouzande desta volta celebrouse por todo o grande xa desde o sábado. Comezouse coa inauguración dunha exposición no local social sobre o autor homenaxeado este ano; Uxío Novoneira. A seguir, e de man de Don Olimpio Arca, houbo unha conferencia [o sábado ás 8 do serán] sobre un inventor da Estrada, concretamente de Curantes chamado Don Ramón Verea. Destacar as palabras do profesor estradense que chamou a atención sobre o feito de que non coñezamos a este insigne veciño que no século pasado camiñou mundo e inventou nin máis nin menos que a calculadora tal e como a coñecemos agora. "Sempre nos ocultaron as cousas" di Don Olimpio en relación á nosa cultura, á nosa xente. Nunca se deixou por parte dos poderes que progresáramos. É tempo de deixar de ser ignorantes e progresar.
Ao domingo de mañá un grupo de sendeiristas deuse cita diante da románica igrexa ouzandesa para subir ao Monte da Somoza, pasando polo de Ouzande, muíños da Fervenza, Monte Cabalar. Á volta houbo agasallo para todas as persoas que camiñaron a xeito de libro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario