27 de xullo de 2012

Instalan un palco no Campo da Festa:::

Operarios do Concello da Estrada procederon a instalar un palco no Campo da Festa de Ouzande. Na altura en que se puxo esta estrutura non trascenderan os motivos nin a funcionalidade da mesma, polo que causor curiosdade na veciñanza. O feito de que non houbera ningún evento programado para aquelas datas e o mutismo dos que o instalaron provocaron certo misterio na parroquia. Xa se sabe que é o palco que usará un dos conxuntos musicais das festas de Ouzande o sábado á noite. A premura nesta instalación débese a que o tiñan que desmontar doutro lugar no que estaba previamente.


Trátase dunha estrutura pequena e cuberta cunha lona colorada que instalaron ao lado do local social

20 de xullo de 2012

Retrouso presentou en Callobre o seu primeiro disco:::

No marco do XIII festival "Folk de Raíz" de Callobre, o grupo ouzandés Retrouso presentou as pezas do seu primeiro disco. Estiveron acompañados doutros grupos; Regato de Matamulleres, Os Ke Hai e Jonh Deeres. Os regueifeiros de Trioliro puxeron a nota de humor á festa.
No festival puidéronse mercar xa os discos de Retrouso, que contan cun deseño de Rosa de Cabanas. En breve irán poñéndoos á venda noutros puntos para que todo o mundo poida coñecer o seu primeiro traballo discográfico.


Portada do disco


un momento da actuación


Retrouso volveu animar a festa

8 de xullo de 2012

Retrouso actúa este xoves no festival folck de Callobre:::

O vindeiro xoves e venres, a veciña parroquia de Callobre acolle o XIII Festival Folk de Raíz. Na primeira das xornadas festivas actuará o grupo ouzandés RETROUSO canda ao Regato de Matamulleres, Os Ke Hai e mailos Jonh Deeres. Tamén contarán cos regueifeiros Trioliro.
O venres actúan a Asociación Cultural Agarimo da Ulla, Recobio, Ardentía e Tanto Nos Ten. A parroquia de Callobre completará esta festividade coa romaría de San Bieito ao pé da súa centenaria sobreira e coas festas patronais de Santa Margarita.

Retrouso aproveitará esta cita para presentar algunhas das pezas do seu primeiro disco que xa poñerá á venda na propia festa. En breve teñen previsto facer as oportunas presentacións públicas deste traballo, que levan preparando desde hai tempo.

Retrouso presentando o cartel da Fervenza de Músicas de Ouzande o ano pasado

1 de xullo de 2012

Crónica do 50 aniversario da Taberna de Ouzande:::



A Taberna de Ouzande abriu as súas portas en 1962 e, polo tanto, hogano vén de cumprir o medio século de vida. Así foi que na tarde do pasado sábado 30 de xuño, a familia Porto quixo agradecer a veciños e clientes a confianza depositada no seu negocio durante estas cinco décadas cunha festa.
Nunha parcela anexa á Taberna de Ouzande, habilitaron unha carpa para acoller o encontro. As gaitas do grupo local Retrouso animaron o evento, que consistiu nuns petiscos preparados para a ocasión. Mesmo embotellaron viño co nome da casa e co motivo das vodas de ouro.

Un dos momentos máis emotivos chegou cando directivos da Fervenza de Ouzande lle entregaron un agasallo aos fundadores do negocio, Manolo e Elsa. Foi unha ilustración feita por Rosa Herraiz na que saen eles dous á fronte do negocio.
Manolo Porto, emocionado, quixo agradecer a toda a veciñanza o seu arroupamento nunha data tan importante.

Sobre ás nove do serán procederon a realizar o sorteo de catro xamóns e diversos vales de compra de 50 e 100 €. A listaxe cos números agraciados está exposta desde onte na Casa Porto, a Taberna de Ouzande.