Segundo vén de informar o Concello da Estrada, as beirarrúas proxectadas desde o Tallo e até a igrexa de Ouzande, poderían ser construídas no vindeiro ano. O orzamento para ás mesmas é de 500.000€ e as obras poderían iniciarse no mesmo mes de xaneiro. O tramo a facer sería só dun lado da estrada, en concreto pola parte dereita segundo imos cara á igrexa, afectaría a unha lonxitude de 500 metros e contaría coa mesma dotación que os 400 xa contruídos. Parece ser que xa falaron con todos os propietarios e que estes ceden desinteresadamente os terreos para que así se poida facer esta necesaria obra para a seguridade vial da parroquia. Polo de pronto, o proxecto terá que pasar o visto bo de Patrimonio, sobre todo polos últimos 100 metros, que entran na zona de especial protección deste organismo debido á proximidade da igrexa ouzandesa.
O tramo a construír vai dende O Tallo e até a igrexa de Ouzande (500m) |
Na actualidade non hai beiravías; desde a calzada pásase á cuneta |
Ningún comentario:
Publicar un comentario