Xoque nunha sesión de rodaxe en Betanzos |
A Coruña e Lugo acollerán as localizacións da miniserie de TV da TVG Hotel Almirante na que participa o actor Xoque Carbajal. Os traballos de rodaxe xa comezaron o día 27 de outubro e estenderanse ata o mes de decembro.
Hotel Almirante conta a historia que se crea a partir da aparición dun cadáver dunha moza no cuarto dun hotel. O que ab initio semella un suicidio torna en asasinato trala publicación dunha carta escrita pola defunta e implica ao seu mozo, pertencente a unha familia pudente da cidade.
Esta miniserie está dirixida por Antonio Cuadri e conta cun elenco encabezado por Ana Turpin, Fernando Tato, Rosalía Castro, Xoque Carbajal e Mariana Expósito.
Preparativos da rodaxe |
Elenco de Hotel Almirante |
Ningún comentario:
Publicar un comentario