Durante a semana pasada, a Deputación Provincial realizou unha pequena obra na nosa parroquia, trátase da creación duns foxos de formigón na estrada que cruza Ouzande á altura da pista da "Costa da Labrada". Esta obra ha aliviar as augas da choiva que cada inverno baixan desde a zona alta de Alemparte camiño ben do Regueiro ben da parte baixa do lugar.
Esta pequena obra non está exenta de polémica pois os foxos creados aumentarán o grao de inseguridade do vial PO-7003 ao reducir o espazo da beiravía e creando o perigo de haber un desnivel tan pronunciado á beira da estrada. A veciñanza de Alemparte móstrase contrariada logo de ter oído na última campaña electoral que no mes de xaneiro se realizarían estas obras pero coa construción de beirarrúas ata o citado lugar. Chegado o verán non hai beirarrúas e a maleza invade as marxes da estrada, deixando sen visibilidade os cruzamentos e sen espazo os lugares polos que deberían transitar os peóns.
As obras realízanse no lugar de Alemparte. |
Unha tubaxe por debaixo da pista da Labrada e unha canle de formigón derivarán a auga que baixa de Alemparte cara ao regueiro |
Ningún comentario:
Publicar un comentario