O festival de música tradicional e folk de Callobre "Folk de Raíz" comezou este serán con moi boa temperatura ambiental e tamén musical, xa que actuaron os grupos "Os ke hai", "Trioliro", a banda "Baile Asalto" e mailos "Carapaus", a organización destinou unha serie de espazos para a exposición e venda de distintos produtos relacionados coa música, a artesanía ou a roupa. O Campo da Festa complétase cunha polbeiría e cunha gran zona de aparcamento e tamén houbo algúns grupos de persoas que pernoctaron nunha zona destinada á acampada. A festa continúa mañá con "Xuromelo", o "Regato de Matamulleres", "Os d´abaixo" e a popular Banda "da Balbina".
Esta é a edición número XII e os organizadores son a Asociación Cultural Regatos de Callobre, dentro do programa destaca a presenza do profesor de gaita, canto e acordeón da Escola de Música Tradicional de Ouzande, Marcos Varela dentro do trío Xurumelo. Estará acompañado por Miriam Bodelo na voz e Esther Vila ao acordeón. De seguro que a presenza ouzandesa se ha incrementar na xornada festiva de Callobre.
Por outra banda, o sábado, a tamén veciña parroquia de Matalobos organiza o "Bieito Folk", outra festa do mesmo estilo e que contará con grupos moi coñecidos na parroquia como son a "Requinta da Laxeira", "Cé o home orquesta" ou o Regato de Matamulleres"
Un dos primeiros grupos en actuar foron "Os ke hai" |
O bo tempo animou ao público a achegarse ata Callobre |
A primeira xornada foi un éxito |
Ningún comentario:
Publicar un comentario