11 de xuño de 2014

O rural está de moda:::

Xa están á venda na taberna de Ouzande as camisolas deseñadas por Rosa de Cabanas  e coas que  A Fervenza de Ouzande nos anima a vestir á moda. Trátase dun motivo tomado do Entroido deste ano, cando a parroquia se disfrazou de "Ouzande Faxion Week" Unha semana da moda que non podía quedar nunha mera celebración de Entroido, motivo polo que a asociación cultural ouzandesa tomou como motivo das súas camisolas a bata de cruzar e a pañoleta características daquela festa. As camisolas son azul mariño e teñen un estampado que reproduce o que ben podería considerarse unha revisitación do traxe de cotío; botas de goma, bata de cruzar, guantes de fregar e pañoleta. A lenda está en amarelo e branco, di "rural faxion, Ouzande 2014". A orixinalidade deste deseño fai que as unidades en venda, que son limitadas, voen. Desde o sábado pasado xa se poden mercar en "Casa Porto", a Taberna de Ouzande ,e xa está espertando moito interese non só na parroquia senón que comezaron a chegar peticións. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario