29 de marzo de 2014

Arrancou en Ouzande a xira de Galilea celebrando o décimo aniversario nas verbenas:::

A pasada noite, a Orquesta Galilea presentou en Ouzande o seu novo espectáculo e nova imaxe para a temporada, así mesmo escolleron o Campo da Festa ouzandés para celebrar o seu décimo aniversario no mundo das verbenas. A pesar da chuvia e da pouca afluencia de público, Galilea estreou un importante espectáculo de luces e son e aos novos compoñentes da formación. Continúan Mario Guillén e Carlos Colmenar animando ao público a bailar, Chicho Cordero e Dayron García na batería e percusión, Juan Cuñarro encargado do vento e Jorge Severo coa guitarra. Onte sumáronselle a extremeña Ana Victoria, procedente da orquesta das góndolas, Venezia, e a canaria Jennifer Sánchez que procede do grupo Primera Línea. Baikal Guncen encargouse dos teclados, procedente da Big Band. O cubano Pablo Cedeño de Trovadores, encárgase dos ritmos canda a Héctor Cagiao que procede de Superestar. Nos metais estivo o venezolano Johnny Padilla. Con este elenco de procedencias tan variadas deu onte en Ouzande inicio a décima tempada dunha orquesta que repite na parroquia cada ano.



23 de marzo de 2014

A "Orquesta Galilea" presentará o seu novo espectáculo o próximo venres 28 en Ouzande:::

Cartel colgado na Taberna
O vindeiro venres 28 de marzo o Campo da Festa de Ouzande acollerá a presentación do novo espectáculo da Orquesta Galilea. Desde hai uns días pódense ver uns carteis pola comarca anunciando este evento. O  desafortunado título que levan desatou moitos comentarios "Festa dos Pepes", tendo en conta que non cadra co día desta onomástica e que na parroquia non existe tradición de honrar este santo. 
En realidade trátase dunha festa organizada pola empresa promotora dos espectáculos contratados durante as festas do verán pola Xunta Parroquial que quixo presentar o novo espectáculo da súa orquesta estrela na parroquia antes do inicio das festas estivais.
A Orquesta Galilea cumpre dez anos con novos compoñentes e cunha imaxe renovada que inclúe un espectáculo de luces e son, unha montaxe máis elaborada e mesmo música disco. O tour da orquestra arrancará ás 23:30h do vindeiro venres 28 e contarán coa presenza da polbeiría Porta da Estrada que ofrecerá polbo e churrasco.
Galilea estreará novo vestiario e novo espectáculo

22 de marzo de 2014

A Estrada recibe a primavera con "Cantos de Taberna":::

Esta mañá arrancou na vila da Estrada a 1ª edición dos "Cantos de Taberna", as rúas son desde as 11:30h un fervedoiro de xente, música e cantos. Os ouzandeses Retrouso e Recanto participan canda a Justo do Boi, Os ke hai, Sons da Mina, Madia Leva, Os sin son ghaiteiros, Requinta da laxeira, Maravallada, Os muiñeiros do Sarela e Pana raiada nesta inicitiva cultural e lúdica que se estenderá ao longo da xornada polos seguintes bares da Zona dos Viños así como Nicol´s, As Tres Portiñas, Robert’s Café, Piaf, Recuncho de Sabucedo, Navegación ou Paradero. Esta previsto que ás 3 da tarde fagan un parón para xantar e que retomen a música e cantos ás 5 cunha foliada conxunta nas rúas da Zona dos Viños. Paralelamente celébrase o II Mercado Solidario nestas mesmas rúas. O día será primaveral con choiva e claros de sol, a Asociación de Comerciantes tiña previsto unirse á festa con xogos para nenos pero adiáronas por causa do tempo.
Retrouso na Rúa Irmáns Valladares

Recanto no Recuncho de Sabucedo

As rúas da Zona dos Viños son hoxe un fervedoiro de xente, música e cantos... de Taberna.

A feira sabatina estivo animada cos Cantos de Taberna

Recanto e Retrouso no Robert´s Café

16 de marzo de 2014

Rebenta a tubaxe da traída municipal provocando unha inundación en Ouzande:::

Esta mañá, ao fío das 11, un rebentón na canalización de auga da traída do Umia Parada-Penerada á altura da pista Ouzande-Guimarei provocaba a sorpresa da veciñanza que, de contado, avisou a Protección Civil do suceso. A Rotura foi na zona de Coviñas, entre o Tallo e a Aldea de Abaixo, á altura da pista que une Ouzande co Zarabeto. As consecuencias inmediatas foron que saíse auga a gran presión inundando a pista, os foxos e veigas e herbeiras próximas. Operarios municipais subasanaron contra o mediodía o problema. A tubaxe conduce a auga desde o río Umia en Parada coa subvestación do lugar de Penerada, no alto da parroquia. Esta avaría súmase aos problemas eléctricos na subvestación que deixou ao casco urbano durante horas hai uns días e ás roturas por exceso de presión en distintos puntos do casco urbano estradense.





Os montes de Ouzande e A Somoza acollen a 1ª Ruta a pé do Concello da Estrada:::

Esta mañá, ás 21:30h deron inicio as rutas a pé organizadas polo Concello da Estrada. A pesar do cambio de empresa organizadora e de adiantar media hora o inicio das mesmas, o bo tempo reinante desde o amencer animou a unha moi notable afluencia de andaríns. Os lugares que percorreron foron os Montes de Ouzande e parte da Somoza desde a zona de Gordomonte e polas pistas da área do Pedroso. As marchas terán continuidade o 16 de marzo e en abril (13 e 27) e maio (11 e 25) Para participar hai que pagar 2 euros e inscribirse previamente. Os destinos das próximas rutas serán Monte Cabalar, a área do Río Liñares, a Fervenza de Callobre ou a Presa de Pina.






9 de marzo de 2014

Unha avaría eléctrica en Penerada deixa o casco urbano da Estrada sen auga:::

O pasado mércores, día de feira na Estrada, a vila amenceu sen auga corrente. A causa foi unha avaría eléctrica na subestación de Penerada. A falta de auga xa se comezou a notar na madrugada do martes para o mércores e mentres non se localizou e arranxou o problema pasaron varias horas, unhas horas nas que o comercio e hostalaría local sufriron as consecuencias deste problema.

6 de marzo de 2014

3 de marzo de 2014

O glamour da "Ouzande Faxion Week" fíxolle fronte ao mal tempo do Entroido:::

Traxe galeglam
Traxe tipo "Mucha"
Moda premamá
O pasado sábado 1 de marzo celebrouse en Ouzande o Entroido por todo o alto coa Ouzande Faxion Week. Aínda que o mal tempo non permitiu que saise a "Caravana da Moda", o local social acolleu desde as 19h unha impresionante festa de moda, desfiles e glamour.As primeiras en chegar foron as modelos da colección de tempada, cos máis variados vestidos estilo "bata de cruzar" e katiuskas; desde as propostas máis para o día a día a versións faxion con katiuskas prateadas ou ourivería artesá galega superpostas .  Ninguén quixo perder a edición única da Ouzande Faxion Week que ata a realeza se deixou ver con traxe de gala. Os personaxes famosos convidados máis aclamados polo público foron Alaska e Mario Vaquerizo quen mesmo se animaron a cantar para aumentar, se cabe, a calor dos focos dunha noite "glam" como eles mesmos dixeron. As súas declaracións deixaron entrever que lles "encantou" esta singular concepción da semana da moda. Outros famosos que pisaron a pasarela ouzandesa foron Mary Poppins ou o mesmo Mikel Jackson, a quen xa criamos desaparecido. O mundo do vestiario laboral e exótico tamén desfilou pola alfombra vermella. Tal e como acostuma a pasar nestes eventos, as grandes celebridades tenden a chegar tarde para facerse as interesantes, así aconteceu coas Cegas do Entroido que chegaron marcando tendencia coas súas katiuskas-bolso, pero a tardanza pagou a pena pois viñeron coas súas coplas entroideiras coas que fixeron as delicias do público. Cegas, famosos, modelos... todos fixeron unha saída desafiando á chuvia para visitar a taberna de Ouzande e botarlle alí as súas coplas. Á volta unha completa mesa de manxares do entroido serviu para descansar de tanto glamour e deu paso á actuación dunha peculiar comparsa musical coa que rematou un dos entroidos máis singulares e orixinais dos últimos tempos, o da Ouzande Faxion Week.
moda infantil

A súa maxestade
Tendencia agro-glamour
famosos no photocall
Modelo de noite interior

Especial noite por fóra


Master Cheff  púxolle glamour á merenda
famosas con glamour
parella de rúa
Desfile de Vaquerizo

Coas coplas na Taberna de Ouzande

Alaska e Mario

Mikel Jacson desfilando

Comparsa do Entroido






Cega do Entroido e comitiva