29 de marzo de 2014

Arrancou en Ouzande a xira de Galilea celebrando o décimo aniversario nas verbenas:::

A pasada noite, a Orquesta Galilea presentou en Ouzande o seu novo espectáculo e nova imaxe para a temporada, así mesmo escolleron o Campo da Festa ouzandés para celebrar o seu décimo aniversario no mundo das verbenas. A pesar da chuvia e da pouca afluencia de público, Galilea estreou un importante espectáculo de luces e son e aos novos compoñentes da formación. Continúan Mario Guillén e Carlos Colmenar animando ao público a bailar, Chicho Cordero e Dayron García na batería e percusión, Juan Cuñarro encargado do vento e Jorge Severo coa guitarra. Onte sumáronselle a extremeña Ana Victoria, procedente da orquesta das góndolas, Venezia, e a canaria Jennifer Sánchez que procede do grupo Primera Línea. Baikal Guncen encargouse dos teclados, procedente da Big Band. O cubano Pablo Cedeño de Trovadores, encárgase dos ritmos canda a Héctor Cagiao que procede de Superestar. Nos metais estivo o venezolano Johnny Padilla. Con este elenco de procedencias tan variadas deu onte en Ouzande inicio a décima tempada dunha orquesta que repite na parroquia cada ano.



1 comentario: