A Fervenza de Ouzande celebrou onte, domingo 31, a súa excursión anual que desta volta se desenvolveu na comarca de Celanova. Un autobús repleto de pasaxeiros arrancaba ás 9 da mañá e non volveu ata as 21h. Durante a viaxe a tripulación gozou mesmo de animación a bordo. As visitas da mañá centráronse no castro de Castromao e na aldea de Vilanova dos Infantes. As visitas estiveron guiadas pola Fundación Curros Enríquez e permitiron que os ouzandeses coñecesen de primeira man a vida castrexa na zona así como a configuración urbana de Vilanova dos Infantes, onde visitaron a Torre da Homenaxe e mailas Adegas de San Vivián. O xantar desenvolveuse na área recreativa do Cristal. Pola tarde, a visita centrouse na vila de Celanova, especialmente no seu mosteiro e igrexa de San Miguel. Para rematar percorreron a Rúa Curros Enríquez, onde se ubica a casa de Celso Emilio Ferreiro e do propio Curros. Nesta última houbo tempo para curiosear e currosear, descubrindo un dos principais autores do Rexurdimento galego.
![]() |
| Coñecendo Vilanova dos Infantes |
![]() |
| subindo a Castromao |
![]() |
| Castromao |
![]() |
| Vilanova dos Infantes |
![]() |
| Visita guiada en Castromao |
![]() |
| Explicación das escavacións arqueolóxicas |
![]() |
| Adegas de San Vivián |
![]() |
| Paseando por Vilanova |
![]() |
| Mosteiro de San Rosendo |
![]() |
| Explorando o mosteiro de San Rosendo |










Ningún comentario:
Publicar un comentario