26 de xuño de 2011

Peche das actividades culturais de xuño en OUZANDE:::

Coa proxección do documental "O ESPÍRITO DAS TRINCADEIRAS" A Fervenza de Ouzande deu por finalizada a programación cultural para xuño. A pesar da vaga de calor que azoutou a parroquia nesta fin de semana, foi bastante a xente que acudiu ás dúas proxeccións deste documental que narra como os veciños de Goián (Tomiño) se enfrentaron á expropiación forzosa dun terreo de baldío chamado As Trincadeiras para a construción da actual autovía que une Portugal e Vigo. A unión fixo a forza e este espazo foi protexido polos veciños polo valor sentimental e ecolóxico posto que se ubica no esteiro do río Miño e alberga numerosas especies sobre todo de paxaros.
Por outra banda tamén se pechou un ciclo de festas, as últimas a dos cursos de música e baile o pasado 18. Tamén o Lumeiro congregou bastante público ao redor dunha fogueira presidida polo Home do Saco para queimalo de forma máxica e espectacular.


23 de xuño de 2011

Tarde de cinema en Ouzande:::

Hoxe (25-VI-2011)
Será co "espírito das trincadeiras" de Senen Outeiro. Haberá dúas proxeccións, a primeira ás 19.30h, e a segunda ás 21.30h
O filme, escrito e dirixido por Seném Outeiro, narra a loita que no ano 1990 o povo de Goián desenvolveu na defensa do monte comunal das Trincadeiras que pretendía ser expropiado pola empresa que construía a autopista Vigo-Porriño. O pobo de Goián opúxose e despois conquerir con moito esforzo a sua victoria celebrou anualmente unha festa de exaltación das Trincadeiras coma movimiento veciñal e coma posta en valor dos espazos comunais.

“A cinta é unha homaxe á vontade coleitiva, unha historia cargada de emotividade e reflexión sobre a importancia da memoria histórica coma alicerce do ser social”
Senem Outeiro

Chega o HOME DO SACO a Ouzande:::


Hao facer coma todos os anos, ameazante e desafiante, pero a festa calmará os ánimos. Esta noite a parroquia réndese ao culto máxico do lumeiro; auga, flores, chourizos e sobre todo... o Home do Saco. Contra a medianoite unha procesión con el á cabeza dirixiráse cara a fogueira para queimalo xunco co seu saco cheo daquelas cousas que previamente escribiron os festeiros. E que arda!

11 de xuño de 2011

A Fervenza de Ouzande inicia as actividades do seu X aniversario:::

A pasada noite NARF e THE HOMENS inauguraron as celebracións da FERVENZA DE OUZANDE para este ano 2011 en que se cumpren dez anos de andadura. Tras un concerto que soubo a pouco pois a xente quedou con ganas de máis e de visionar nunha pantalla xigante as fotos do 10X10 é dicir, dez fotos por dez anos a Fervenza deu por inaugradas as actividades para conmemorar a primeira década de vida da asociación. Á venda están as camisolas conmemorativas cun deseño de Rosa Herraiz que xoga cos dedos das dúas mans para indicar cantos anos cumpre a asociación neste exercicio. Todo isto estivo acompañado por boa comida e bebida. As actividades continúan durante todo o ano con sorpresas como a deste concerta de tanto nivel musical. En breve será o lumeiro e maila presentación dun documental, a mellor maneira de celebrar esta década de vida é continuar co labor de dinamización sociocultural da parroquia; Parabéns A-F-de-OU!!!

8 de xuño de 2011

Dez anos da FERVENZA:::


"crean unha asociación cultural en Ouzande" sería o titular de prensa que hai dez anos habería que publicar. Desde aquela e ata o de agora foron moitos os titulares e as actividades que a asociación ouzandesa vén de crear. E non só actividades posto que conseguir o seu obxectivo de dinamizar a vida social e cultural de Ouzande dotando á veciñanza dunha maior calidade de vida. Así é que todo o mundo está contento da celebración que veñen de organizar para este venres, trátase dun concerto que comezará ás dez da noite do venres e no que actuarán dous dos grupos máis punteiros do panorama musical galego do momento; Narf e The Homens. Fixéronse camisolas conmemorativas que xa sairon en primicia á venda o día do lumeiro, pero que tamén se poderán conseguir o día do concerto ou nos lugares onde se acostuma por á venda estas prendas. Anuncian desde a web "carreiros" que haberá servizo de bar e bocatas e que proxectarán "DEZ X DEZ": as cen mellores imaxes de dez anos de actividades. Con boa música e diversión no Campo da Festa de Ouzande quedamos todos e todas convidados a esta festa de animersairo; dez anos non o fai unha asociación moi facilmente!

SARDIÑAS EN OUZANDE:::

O pasado venres as sardiñas congregaron centos de persoas no Campo da Festa de Ouzande, foi no marco das Festas de Santo Antonio. Estas comezaron cunha celebración relixiosa pola tarde para xa á noitiña ir recibindo veciños e forasteiros ao pé do Campo no que se instalou un carro onde se vendía bebida e regalaban sardiñas. Tempo despois comezou a acutuación dunha orquestra que fixo unha paradiña aló pola unha e media para realizar o sorteo dun porco celta. Avelina da Rega foi a agraciada ao ter o número que sacaron os membros da Xunta Parroquial no escenario da orquestra. Continuou a musica ata ben entrada a madrugada grazas a DJ ADOLFO que instalou unha discoteca móbil no palco para que ninguén marchara para a casa porque a orquestra rematara a súa actuación. En breve novas festas en Ouzande co concerto de aniversario da Fervenza de Ouzande