8 de xuño de 2011

Dez anos da FERVENZA:::


"crean unha asociación cultural en Ouzande" sería o titular de prensa que hai dez anos habería que publicar. Desde aquela e ata o de agora foron moitos os titulares e as actividades que a asociación ouzandesa vén de crear. E non só actividades posto que conseguir o seu obxectivo de dinamizar a vida social e cultural de Ouzande dotando á veciñanza dunha maior calidade de vida. Así é que todo o mundo está contento da celebración que veñen de organizar para este venres, trátase dun concerto que comezará ás dez da noite do venres e no que actuarán dous dos grupos máis punteiros do panorama musical galego do momento; Narf e The Homens. Fixéronse camisolas conmemorativas que xa sairon en primicia á venda o día do lumeiro, pero que tamén se poderán conseguir o día do concerto ou nos lugares onde se acostuma por á venda estas prendas. Anuncian desde a web "carreiros" que haberá servizo de bar e bocatas e que proxectarán "DEZ X DEZ": as cen mellores imaxes de dez anos de actividades. Con boa música e diversión no Campo da Festa de Ouzande quedamos todos e todas convidados a esta festa de animersairo; dez anos non o fai unha asociación moi facilmente!

Ningún comentario:

Publicar un comentario