13 de febreiro de 2011

Ouzande estrea casa:::


Remataron as obras de remodelación do palco de Ouzande. Na tarde de onte os operarios da empresa Cutrín, encargada da obra déronlle os últimos retoques. Membrosda Fervenza de Ouzande aproveitaron que se liberou o local da parte inferior para facer unha limpeza profunda do mesmo. Xunta Parroquial e A Fervenza de Ouzande organizan agora un acto dirixido a toda a veciñanza para inaugurar esta ampliación de espazos sociais na parroquia. Sérá o próximo sábado 26 de febreiro ás 19h. Servirán uns pinchos nunha tarde de portas abertas para que todo o mundo poida comprobar como quedou esta importante reforma na que é a casa dos ouzandeses.

1 comentario:

  1. Pero que chulo quedou... e que ben luce na foto nocturna...
    aghora si... ides paghar unha de lus!!!

    ResponderEliminar