Foi o pasado domingo ás 17h no Local Social da parroquia, no transcurso da mesma déronselle conta aos socios das contas e recordáronse as actividades realizadas coa proxección dun video. A cita comezou coa lectura dunha emotiva carta dunha socia e co recordo a un socio falecido recentemente e a quen se lle dedicou a xuntanza.
Segundo explicou a asociación, en 2014 foron máis dun milleiro de persoas as que participaron nas actividades da mesma, aumentando en diversas actividades que sumaron a vintena. Entre os proxectos destacaron que están traballando nunha nova edición da revista Carreiros e que teñen a intención en 2015 de sinalizar a contorna dos Muíños da Fervenza e editar un folleto. Ao remate gozaron da compaña e da conversa informal acompañada dun chocolate e vendo unha exposición cos traballos realizados nunha das últimas actividades da asociación, as manualidades do curso de trapillo, tear e ganchillo. Nos próximos días realizarán reunións informais para intercambiar experiencias no ámbito das manualidades no mesmo horario do curso recén rematado e teñen previsto celebrar un entroido temático o vindeiro sábado 14 que terá como fío condutor o mundo medieval, ao que a parroquia está tan ligado grazas á súa igrexa románica.
|
A cita comezou coa lectura dunha carta. |
|
O Local Social estaba repleto de socios e socias que recordaron as actividades do último ano. |
|
visionado dun video con fotos das últimas actividades. |
|
Ao remate compartiron charla e chocolate |
Ningún comentario:
Publicar un comentario