A pasada fin de semana o inverno mostrou a súa cara máis amable, aínda que as previsións falaban de neve en cotas baixas, só os montes máis altos coma o Cábado mostraron os seus cumios algo nevados. Os que quixeron gozar da neve tiveron que desprazarse ata os cumios máis altos do Deza, onde callou a partir dos 700/800 metros de altitude.
Unha Vaga de frío fará baixar hoxe novamente os termómetros, será a antesala de tres ou máis días de tempo excepcionalmente frío. As zonas máis afectadas serán o Cantábrico oriental e o nordés peninsular pero Galicia non se librará das inclemencias do inverno, especialmente o norte de Lugo. En toda esta área haberá posibilidades de neve mesmo a nivel do mar. Mentres, as posibilidades de neve na nosa zona serán máis escasas, quedando a mercede do azar, xa que se van dar as condicións para que neve pero dependerá de como se conxuguen os factores metereolóxicos. A partir do xoves podería haber unha retroalimentación deste mal tempo invernal pero os prognósticos xa son pouco fiables. A medio prazo agárdase que remitan e que para a semana mellore o tempo, reducíndose tanto as precipitacións coma a presenza de nubes, deixando un bo tempo de cara ao entroido.
|
Imaxe de Rodeiro o domingo pola mañá |
|
O Monte Faro permaneceu aberto a pesar da neve. |
|
Pequenos e grandes aproveitaron para xogar coa neve. |
|
As máquinas quitaneves afanárosne en ciscar sal e manter as vías libres. |
|
Alto do Faro |
|
xogando coa neve. |
|
A néboa conxugouse coa neve nas zonas altas. |
|
A pesar do mal tempo, puidose circular polas estradas. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario