23 de outubro de 2011

Volve a chuvia a OUZANDE:::


Logo de varios meses de intensa seca, o que se está a notar no abastecemento das traídas de auga da parroquia, Ouzande recibirá unha borrasca que paliará en parte esta situación. Segundo as predicións de Meteogalicia, na xornada do domingo unha intensa borrasca irase achegando cara ao noroeste de Galicia, provocando un deterioro xeneralizado das condicións meteorolóxicas. Pola mañá teremos intervalos anubrados con precipitacións ocasionais. Xa pola tarde, estas precipitacións iranse xeneralizando e acadarán intensidade puntualmente forte principalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas mínimas ascenderán mentres que as máximas descenderán. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, con refachos moi fortes no litoral atlántico e zonas altas do interior.

9 de outubro de 2011

Empezan os cursos de música en Ouzande:::


Ouzande comeza con forza a súa actividade cultural deste outono. Veñen de facerse as presenteacións dos cursos de música que teñen como novidade que tamén haberá clases de acordeón. As persoas intresadas aínda están a tempo de sumarse a estas actividades formativas poñéndose en contacto coa asociación A Fervenza de Ouzande a través de internet, chamando por teléfono á taberna de Ouzande ou achegándose ao local social nos horarios das clases, que son as seguintes:

Sabados pola mañá

11:00 ACORDEÓN
12:00 PERCUSIÓN E GAITA

Sábados pola tarde
16:00 PANDEIRETA PERFECCIONAMENTO
18:00 PANDEIRETA INICIACIÓN

Sígueme por correo electrónico:::