Andar e falar, ese é o lema co que A Fervenza de Ouzande levou adiante un ano máis a Ruta das Letras, e así paseniño xa se cumpriu a décima edición desta orixinal maneira de celebrar o Día das Letras Galegas. Foron un total de 13 km polos carreiros dos montes tanto de Ouzande como da Somoza, con visita obrigada nos muíños da Fervenza, lagoas de Zo, encoro da Estrada ou ás instalacións de Monte Cabalar, así como ao Monte Pedroso. A ruta partiu ás 10 da mañá desde o cruceiro da igrexa e rematou no mesmo punto. Durante a camiñata tivo lugar un emotivo momento relacionado coas letras pois Manolo de Cabanas, emigrante ouzandés no Brasil, participou na camiñata e leu un poema da súa autoría dedicado a eses camiños e carreiros dos montes da parroquia que leva con moita morriña polo mundo adiante. E máis letras houbo tamén ao final, cando se agasallou ao nutrido número de sendeiristas con cadanseu libro. A próxima cita está previsto que se desenvolva desde Ouzande cara a Guimarei, será o vindeiro 7 de xuño.
|
Sendeiristas antes de partir. |
|
Divisando ras na lagoa. |
|
Camiñando cara ao Pedroso. |
|
A ruta deu lugar a fermosos momentos. |
|
Atravesando por entre as bestas. |
|
Manolo de Cabanas no momento en que leu o seu emotivo poema. |
|
Rematando a ruta. |
|
Festa das letras no adro da igrexa de Ouzande. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario