3 de outubro de 2010

primeiros incidentes do temporal desta fin de semana:::


Coa chegada do outono veñen os primeiros temporais. As distintas axencias metereolóxicas alertan coa cor laranxa de rachas de ventos fortes e de gran intensidade de chuvia a caer na área atlántica de Galicia.
Os primeiros incidentes xa se fixeon un lugar na actualidade da parroquia. O vento derribou unha antena de TV dunha casa no lugar do Tallo, esta caeu enriba do tendido eléctrico de baixa tensión provocando impresionantes chispazos e cables polo chan. Unha situación moi perigosa que requeriu da presenza dos bombeiros para valorar as medidadas de protección da veciñanza mentres os operarios eléctricos non solucionen o problema.
Arestora boa parte da parroquia sofre cortes de luz, especialmente na zona norte de Ouzande. Neste momento permanece cortada ao tráfico a pista que une a estrada local de Ouzande á altura da Casanova con esta zona do Tallo.

Sígueme por correo electrónico:::