23 de outubro de 2011

Volve a chuvia a OUZANDE:::


Logo de varios meses de intensa seca, o que se está a notar no abastecemento das traídas de auga da parroquia, Ouzande recibirá unha borrasca que paliará en parte esta situación. Segundo as predicións de Meteogalicia, na xornada do domingo unha intensa borrasca irase achegando cara ao noroeste de Galicia, provocando un deterioro xeneralizado das condicións meteorolóxicas. Pola mañá teremos intervalos anubrados con precipitacións ocasionais. Xa pola tarde, estas precipitacións iranse xeneralizando e acadarán intensidade puntualmente forte principalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas mínimas ascenderán mentres que as máximas descenderán. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, con refachos moi fortes no litoral atlántico e zonas altas do interior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario