
O pasado 3 de xaneiro, o poeta ouzandés Manuel Pereira Valcárcel, presentaba na súa terra natal INTERIOR CON FROITEIRO E FERIDAS, agora daráo a coñecer tamén na terra na que vive na actualidade, Madrid e no escenario ao que se vinculan os poemas do libro; Zaragoza. A primeira cita será no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid; o día 7 ás 7.30 do serán. No acto participarán o historiador José Mª Gago González, a escritora Begoña Regueiro Salgado e mailo propio autor.

O seguinte acto de presentación será na capital maña e Manuel Pereira contará coa compaña de Antón Castro, Nazareth Fernández Teno e Ana Cristina Lapiedra. Será no CEIP Joaquín Costa o sábado día 16 ás 7 da tarde. Esta presentación será especialmente emotiva pois o poemario reflicte vivencias persoais do ouzandés no momento en que se tivo que desprazar a un internado desta cidade trala morte de súa nai. Contará co colaboración de Ana Cristina, quen non puidera estar na presentación ouzandesa.
 |
Manuel Pereira no acto de presentación do poemario en Ouzande |
Ningún comentario:
Publicar un comentario