O actor ouzandés Xoque Carbajal presentou o espectáculo "Función Sapiens" no Teatro Principal da Estrada. A Compañía Malasombra Teatro vén representando esta función por toda Galicia e hoxe tocou na casa. Ademais o noso veciño estaba de aniversario, polo que os seus compañeiros tiveron a ben cantarlle o "parabéns para ti" sobre as táboas. "Función Sápiens" é unha clase de como aparentar ser culto e intelixente nos tempos que corren. Os cinco actores que compoñen o elenco (Xoque, Marcos Orsi, Josue García, Xabier Deive e Luís Iglesia) interpretan a distintos personaxes do común que teñen a ben ilustrarnos con estratexias e distintos recursos que nos serán aproveitables para facernos pasar por persoas instruídas. Trátase dun espectáculo cómico de monólogos encadeados ao estilo do "Club da Comedia".
Xoque Carbajal |
Luís Iglesias |
Xoque, Xavier Deive, Jouse García, Marcos Orsi e Luís Iglesia |
momento musical da función |
Ningún comentario:
Publicar un comentario