O grupo de canto tradicional de Ouzande, Recanto, participará o próximo sábado 19 de outubro a partir das 21h na II FOLIADA de Santo André de Vea. A actividade desenvolverase na escola unitaria desta parroquia estradense. O cartel de actuacións está encabezado polos ouzandeses, seguido das pandereteiras "As Ruandeiras" de Loimil, do grupo Milgrandeira, Xarandeira de Cesures, Tamparrantán de Vea e Carabuñas. A organización terá prevista unha cantina e ofrecerá castañas e chocolate de balde para acompañar a festa.
Recanto nas festas de Ouzande |
Ningún comentario:
Publicar un comentario