O cartel das festas do San Paio de 2012, deseñado por Rosa de Cabanas xa se encontra na final da III Festa do Cartel, o concurso. Para apoiar este traballo chega con acceder ao perfil de "Galicia en Festas" e clicar sobre o cartel das festas patronais da Estrada, posteriormente hai que darlle ao "gústame". Aí tamén se pode contar cantos votos recibiu cada cartel.

A arquitecta e deseñadora Rosa de Cabanas é autora de innumerables traballos no ámbito do deseño, na súa web "www.rosadecabanas.eu" pódense ver algúns deles, entre os que destaca a enorme cantidade de carteis para actividades da asociación cultural A Fervenza de Ouzande.
![]() |
Praza de Galicia (ou da Farola) decorada cos globos referidos no cartel nunha obra de arquitectura efímera que engalanou A Estrada no San Paio 2012 |
![]() |
Os globos lociron nas farolas do centro urbano |
Ningún comentario:
Publicar un comentario