O
Concello da Estrada vén de anunciar a programación cultural para
este Nadal. Entre as distintas ofertas de lecer, temos dous pases da
última obra de teatro de Xoque Carbajal, Alberto Rolán, Jouse
García e Ramón Orencio. Smoke City é a cidade do Fume, unha
obra de teatro de Malasombra Teatro que chega este venres 21 e sábado
22 ás nove do serán ao Principal da Estrada.
Trátase dunha
comedia que aborda a temática tan de actualidade do tabaquismo.
Trátase da recreación do paraíso dos
fumadores, no que hai unha mafia dirixida por Silvio Nicotini que
domina a cidade. O antagonista é Bob Cleaner, un detective disposto
a facer o que faga falta para devolver a orde na urbe. O ambiente
será negro, tanto polo fume coma polo humor que envolverá este
venres e sábado ás 21:00h o Teatro Principal da Estrada.
Smoke
City é autoría de José Luis Prieto e está dirixida por Marcos
Orsi, o parto componse por Alberto Rolán, Jouse García, Mon Orencio
e mailo ouzandés Xoque Carbajal.
Cartel de Smoke City |
Ningún comentario:
Publicar un comentario